I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de perfeccionamento profesional do persoal administrativo das entidades locais (AF-72-2026)

Convocatoria dunha edición do Curso de perfeccionamento profesional do persoal administrativo das entidades locais (AF-72-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 17/07/2026 e núm. 2026/11146, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de perfeccionamento profesional do persoal administrativo das entidades locais. A competencia para convocar a dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de perfeccionamento profesional do persoal administrativo das entidades locais (AF-72-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e co selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario da acción formativa, e que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

3. No acceso ás actividades formativas e en cumprimento do establecido nos artigos 48 da LEPG e 59 do TRLEBEP, reservarase o 7 % das prazas para persoas con diversidade funcional.

Terceira. Selección das persoas participantes

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/as participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional; daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/a traballador/a na Administración pública; no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando desde un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/as participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/as solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente aos/ás seleccionados/as que foron admitidos/as, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/as participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente a súa non asistencia como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano desde esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento

1. Outorgaráselle o correspondente diploma ao alumnado que participe con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que supere satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2.- É obrigatoria a realización nos prazos establecidos de todos os módulos e probas que integran o curso, así como a participación nas sesións de formación telepresencial. A non realización dalgún módulo do curso, das preceptivas probas de avaliación ou a non asistencia a un 25 % das sesións de formación telepresencial impedirá a obtención do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizar a acción formativa.

Anexo I

Curso de perfeccionamento profesional do persoal administrativo das entidades locais

1. Persoas destinatarias

* Empregados/as públicos/as da Administración local da provincia de Ourense que desexen mellorar a súa preparación técnica e cualificación profesional para afrontar os procesos selectivos da categoría de administrativo/a.

* Traballadores/as da Administración local con categoría profesional de auxiliares administrativos/as, ou similares, pertencentes ao subgrupo C2, que desempeñen os postos de auxiliares de oficina ou de servizos nas corporacións locais.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: telepresenza en liña.

2.2. Duración: 75 horas.

2.3. Datas de realización: do 17 de setembro ao 15 de decembro de 2026.

2.4. Datas das sesións de telepresenza:

17-22-24 e 29 de setembro, 1-6-8-13-15-20-22-27-29 de outubro, 3-5-10-12-17-19-24-26 de novembro e 1-3-10-17-15 de decembro de 2026.

2.5. Horario das sesións de telepresenza: os martes e xoves, de 17:00 a 20:00 horas.

2.6. Prazas: 30 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Preparación profesional dos/as funcionarios/as coa categoría de auxiliares administrativos/as das entidades locais para as oposicións de acceso á subescala administrativa da escala de administración xeral da Administración local, achegándolles os recursos que faciliten a consecución dos coñecementos e destrezas que lles permitan afrontar os procesos selectivos coas maiores garantías de éxito.

* Dotar os/as participantes dunha maior capacitación administrativa e funcional, co fin de optimizar as súas aptitudes e actitudes profesionais para a mellora da súa eficacia o eficiencia na prestación de servizos públicos de calidade á cidadanía.

4. Programa

4.1. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno: dereito de acceso á información pública.

4.2. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Protección de datos e garantía dos dereitos dixitais.

4.3. Novidades da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común no procedemento administrativo.

4.4. O réxime xurídico do sector público. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Disposicións xerais. Principios de actuación da Administración Pública. Funcionamento dos órganos colexiados. Convocatoria e orde do día. Actas e certificado de acordos.

4.5. Relacións electrónicas entre as administracións.

4.6. As eleccións locais. A Administración e o procedemento electoral. Proclamación dos membros electos das corporacións locais. Réxime de recursos. Perda da condición de membro da corporación.

4.7. Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos.

4.8. As subvencións públicas: réxime xurídico e procedemento de tramitación.

4.9. O Estatuto básico do empregado público e a Lei do emprego público de Galicia. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Ordenación da actividade profesional: planificación dos recursos humanos e estruturación do emprego público.

4.10. A Lei en materia de igualdade aplicable ás entidades locais: Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e Lei 2/2015, do 12 de febreiro, pola que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

4.11. Redacción de textos e documentos administrativos.

4.12. Manexo e coñecemento de programas informáticos básicos (paquete Office) e similares para o procesamento de textos, follas de cálculo e todas aquelas aplicacións que sistematicen e melloren as presentacións e informes.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o 10 de setembro do 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, informando ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 17 de xullo de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos. (P.d.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

R. 1.746