I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de técnicas de manexo eficiente e mantemento básico de maquinaria forestal lixeira (AF-44B-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 13/07/2026 e núm. 2026/10923, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, levar a cabo unha edición do Curso de técnicas de manexo eficiente e mantemento básico de maquinaria forestal lixeira. A competencia para convocar a dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de técnicas de manexo eficiente e mantemento básico de maquinaria forestal lixeira (AF-44B-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e co selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026.

Terceira. Selección das persoas participantes

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/as participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional; daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/a traballador/a na Administración pública; no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando desde un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/as solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente aos/ás seleccionados/as que foron admitidos/as, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/as participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente a súa non asistencia como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano desde esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento

1. Outorgaráselles o correspondente diploma de aproveitamento aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións presenciais do curso e a realización de todos os módulos e probas que integran o curso. Toda non asistencia á clase deberá ser debidamente xustificada polo/a interesado/a, sen exceder nunca o 15 % das horas lectivas do curso. Unha non asistencia ás clases presenciais superior ao 15 % da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizar a acción formativa.

Anexo I

Curso de técnicas de manexo eficiente e mantemento básico de maquinaria forestal lixeira

1. Persoas destinatarias

* Traballadores/as das entidades locais que, pola súa actividade profesional, realicen traballos que requiran o uso de maquinaria forestal e que precisen adquirir os coñecementos necesarios relativos ao seu manexo eficiente e o mantemento básico.

* Persoal das entidades locais da provincia que desenvolvan a súa actividade profesional en brigadas de obras e de zonas verdes ou de medio ambiente como capataces, operarios, peóns e postos similares.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 30 horas lectivas.

2.3. Datas de realización: do 11 de setembro ao 9 de outubro de 2026.

2.4. Días e horario das sesións presenciais: 11-18-25 de setembro e 2-9 de outubro de 2026; de 8:30 a 14:45 horas, os venres.

2.5. Lugar: Aulas de Formación do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 2º, Ourense) e instalacións do Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense.

2.6. Prazas: 15 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Adquirir as competencias necesarias para a aplicación de técnicas seguras de traballo na execución de tarefas con rozadoira, motoserra e pértegas, co obxectivo de garantir unha actuación máis eficiente e axustada á normativa de prevención de riscos laborais.

* Coñecer en profundidade os compoñentes, funcionamento e correcto manexo da rozadoira, motoserra e pértega, así como das ferramentas, os equipos auxiliares, as proteccións colectivas e os equipos de protección individual (EPI) asociados a súa utilización no traballo.

4. Programa

4.1. Ricos xerais.

4.1.1. Riscos derivados da seguridade no traballo. Normativa de aplicación.

4.1.2. Riscos derivados da hixiene. Normativa de aplicación.

4.1.3. Riscos ergonómicos e factores psicosociais: Lexislación específica.

4.2. Riscos no sector forestal.

4.2.1. Riscos derivados da seguridade no traballo.

4.2.2. Riscos derivados da hixiene.

4.2.2.1. Exposición a os axentes químicos.

4.2.2.2. Exposición a os axentes biolóxicos.

4.2.2.3. Exposición a os axentes físicos.

4.2.3. Riscos ergonómicos e factores psicosociais.

4.3. A rozadoira.

4.3.1. Definición.

4.3.2. Tipoloxía.

4.3.3. Requisitos do/a traballador/a.

4.4. Elementos de seguridade da rozadoira.

4.4.1. Dispositivos e mecanismos de seguridade que debe ter calquera rozadoira.

4.4.2. Mantemento xeral.

4.4.3. Mantemento durante o traballo.

4.4.4. Mantemento diario. Mantemento temporal.

4.5. Manexo seguro da rozadoira.

4.5.1. Suxeición da rozadoira.

4.5.2. Transporte da rozadoira.

4.5.3. Enchido e manexo de combustible.

4.5.4. Posta en marcha da rozadoira.

4.5.5. Postura de traballo.

4.5.6. Lugar de traballo.

4.5.7. Utilización.

4.6. A motoserra.

4.6.1. Definición.

4.6.2. Tipoloxía.

4.6.3. Requisitos do traballador.

4.7. Elementos de seguridade da motoserra.

4.7.1. Dispositivo e mecanismo de seguridade que debe ter calquera motoserra.

4.7.2. Mantemento xeral.

4.7.3. Mantemento durante o traballo.

4.7.4. Mantemento diario. Mantemento temporal “semanal”.

4.8. Manexo seguro da motoserra.

4.8.1. Suxeición da motoserra.

4.8.2. Transporte da motoserra.

4.8.3. Enchido e manexo de combustible.

4.8.4. Posta en marcha da motoserra.

4.8.5. Postura de traballo.

4.8.6. Lugar de traballo.

4.8.7. Utilización.

4.9. A pértega.

4.9.1. Definición.

4.9.2. Tipoloxía.

4.9.3. Requisitos do/a traballador/a.

4.10. Elementos de seguridade da pértega.

4.10.1. Dispositivo e mecanismo de seguridade que debe ter calquera pértega.

4.10.2. Mantemento xeral.

4.10.3. Mantemento durante o traballo.

4.10.4. Mantemento diario. Mantemento temporal .

4.11. Manexo seguro da pértega.

4.11.1. Suxeición da pértega.

4.11.2. Transporte da pértega.

4.11.3. Enchido e manexo de combustible.

4.11.4. Posta en marcha da pértega.

4.11.5. Postura de traballo.

4.11.6. Lugar de traballo.

4.11.7. Utilización.

4.12. Medidas de prevención asociadas ás distintas fases do traballo con maquinaria forestal lixeira.

4.12.1. Sinalización de seguridade.

4.12.2. Fase de derriba ou tallado.

4.12.3. Seguridade da contorna.

4.12.4. Supervisión da árbore.

4.12.5. Preparación da contorna para o corte.

4.12.6. Limpeza de vexetación allea da contorna. Limpeza da ramaxe da árbore.

4.12.7. Tallado.

4.12.8. Cortes de tala.

4.12.9. Técnicas de tallado en función do diámetro e da situación especial.

4.12.10. Tallado de árbores con diámetros pequenos. Tallado de árbores con diámetros do tronco inferior á lonxitude da espada.

4.12.11. Tallado de árbores en situación especial.

4.12.12. Fase de desramado ou escañado e despuntado.

4.12.13. Fase de tronzado ou partido.

4.12.14. Operacións con árbores caídas e caídas sobre tendido eléctrico, árbores caídas sobre estradas, traballo de dúas motoserras en dobre, cortes de árbores moi próximas ao chan, desramado…

4.13. Actuacións nos casos de emerxencias.

4.13.1. Principais causas de accidentes con rozadoira , motoserra e pértega.

14.3.2. Protocolo de actuación nos casos de incendios.

4.13.3. Accidentes de traballo. Protocolo de actuación no caso de accidente.

4.14. Os equipos de protección individual.

4.14.1. Descrición.

4.14.2. Identificación.

4.14.3. Funcións.

4.14.4. Utilización.

4.14.5. Mantemento.

4.14.6. Consecuencias da non utilización dos equipos de protección individual.

4.15. Práctica.

4.15.1. Observación, mantemento e seguimento das técnicas de traballo con rozadoira.

4.15.1.1. Checklist e práctica de mantemento preventivo da rozadoira.

4.15.1.2. Limpeza/solución de problemas (p.ex . cando se afoga no seu acendido).

4.15.1.3. Tensado e engraxe da cadea da rozadoira.

4.15.1.4. Comprobación dos elementos de seguridade, limpeza e cambio de filtros.

4.15.1.5. Afiado dos sistemas de corte da rozadoira.

4.15.2. Observación, mantemento e seguimento das técnicas de traballo con

motoserra.

4.15.2.1. Checklist e práctica de mantemento preventivo da motoserra.

4.15.2.2. Necesidades de limpeza: problemas e solucións.

4.15.2.3. Tensado e lubricación dos sistemas de corte.

4.15.2.4. Comprobación dos elementos de seguridade. Limpeza e cambio de filtros.

4.15.2.5. Afiado dos sistemas de corte.

4.15.2.6. Simulación de árbore caída.

4.15.3. Observación, mantemento e seguimento das técnicas de traballo con pértega.

4.15.3.1. Mantemento preventivo da pértega.

4.15.3.2. Necesidades de limpeza: problemas e solucións.

4.15.3.3. Tensado e lubricación dos sistemas de corte.

4.15.3.4. Comprobación dos elementos de seguridade. Limpeza e cambio de filtros.

4.15.3.5. Afiado dos sistemas de corte.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 4 de setembro de 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, informando ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 14 de xullo de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos. (P.d.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

R. 1.712