I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do “Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable” (AF-22-2026).

Convocatoria dunha edición do Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable (AF-22-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 09/07/2026 e núm. 2026/10766, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado á realización de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable. A competencia para convocar a dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro.- Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable

Bases xerais:

Primeira.- Solicitudes de participación.

1.- O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todos os epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2.- Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3.- A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4.- As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5.- Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertos todos os seus epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6.- A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda.- Acceso ás actividades.

1.- Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2.- Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

3.- No acceso ás actividades formativas e en cumprimento do establecido nos artigos 48 da LEPG e 59 do TRLEBEP, reservarase o 7% das prazas para persoas con diversidade funcional.

Terceira.- Selección das persoas participantes.

1.- Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública; no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2.- Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3.- A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4.- Dende a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente aos/ás seleccionados/as a súa admisión, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/das participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5.- Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta.- Diplomas de aproveitamento.

1.- Outorgaráselle o correspondente diploma ao alumnado que participe con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que supere satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2.- É obrigatorio realizar nos prazos establecidos todos os módulos e probas que integran o curso, así como a participación nas sesións de formación telepresencial. A non realización dalgún módulo do curso, das preceptivas probas de avaliación ou a non asistencia a un 15% das sesións de formación telepresencial impedirá a obtención do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta.- Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizar a acción formativa.

Anexo I

Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable

1.- Persoas destinatarias.

* Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria das entidades locais.

* Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: telepresencial.

2.2.- Duración: 30 horas.

2.3.- Datas de realización: do 1 ao 23 de setembro de 2026.

2.4.- Días das sesións telepresenciais: 1-7-8-9-10-14-15-16-17-23 de setembro de 2026.

2.5.- Horario das sesións telepresenciais: de 17:00 a 20:00 horas.

2.6.- Prazas: 20 participantes.

2.7.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos.

* Introducir aos participantes, a nivel teórico e práctico, nos aspectos prácticos da contabilidade pública local para que coñezan a estrutura e funcionamento do sistema contable local.

* Explicar as cuestións específicas da contabilidade pública local que ás veces representan dificultades aos xestores contables e ao persoal que se encarga da xestión económico-financeira e contable das entidades locais.

* Amosar os procedementos a seguir nas operacións contables diarias, especialmente de gastos e ingresos, dunha entidade local, nas operacións non orzamentarias e na contabilización dos ingresos orzamentarios.

* Aplicar correctamente os procedementos contables asociados á execución do gasto para identificar e rexistrar as distintas fases do gasto orzamentario.

* Abordar dun xeito práctico a contabilización adecuada dos ingresos, segundo a súa natureza e o momento de recoñecemento.

4.- Programa.

4.1. Introdución á contabilidade pública local.

4.1.1. Principios da contabilidade pública.

4.1.2. Marco normativo aplicable ás entidades locais.

4.1.3. Obxectivos e funcións da contabilidade pública local.

4.2. Estrutura do sistema contable local.

4.2.1. Organización da contabilidade nas entidades locais.

4.2.2. Plan de contas e cadro de contas.

4.2.3. Relación entre contabilidade orzamentaria e financeira.

4.3. Contabilidade dos gastos.

4.3.1. O gasto público local: concepto e clasificación.

4.3.2. Fases da execución do gasto.

4.3.3. Rexistro contable das operacións de gasto.

4.3.4. Gastos plurianuais.

4.3.5. Operacións pendentes de aplicar ao orzamento.

4.4. Provisións e amortizacións.

4.4.1. O ingreso público local: concepto e clasificación.

4.4.2. Fases de execución do ingreso.

4.4.3. Recoñecemento dos dereitos de cobramento.

4.4.4. Anulación, cancelación e devolución de ingresos.

4.5. Modificacións orzamentarias e as súa incidencia contable.

4.5.1. Tipos de modificacións orzamentarias.

4.5.2. Tratamento contable das modificacións orzamentarias.

4.6. Apertura contable do exercicio.

4.6.1. Operacións de apertura contable.

4.6.2. Incorporación de remanentes de crédito.

4.6.3. Apertura do orzamento e carga inicial de datos.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 21 de agosto de 2026.

Segundo.- Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os dous recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recepción desta notificación e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 13 de xullo do 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos. (P.d.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver anexo páx. seguinte).

R. 1.697