IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/ha oficial de primeira de parques e xardíns.

Anuncio de convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/ha oficial/a de primeira de parques e xardíns.

O Concello de Xinzo de Limia pretende realizar un contrato de traballo por substitución da persoa traballadora durante baixa laboral dun/ha oficial/a de primeira de parques e xardíns aplicando o procedemento de selección abreviado recollido na citada base sétima das bases xerais para a selección e aprobación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal, publicadas no BOP de Ourense n.º 152, de 11/08/2025, tendo conta a urxente necesidade e dado que aínda non foi posible a constitución de bolsas, axustándose ao sistema de baremos en vigor recollido nas citadas bases xerais nas condicións que a continuación se detallan:

Nº de prazas: unha praza.

Denominación da praza: oficial/a de primeira de parques e xardíns.

Funcións a desempeñar: as funcións son as propias da natureza da praza.

Clasificación da praza: D13 segundo convenio do Concello de Xinzo de Limia.

Clase de persoal: laboral temporal.

Xornada: completa 37,5 horas semanais.

Modalidade de contrato temporal: contrato por substitución da persoa traballadora.

Duración: o contrato por substitución da persoa traballadora finalizará cando teña lugar a reincorporación da titular da praza ou a extinción da relación laboral da titular da praza sen reserva de praza.

Requisitos

a) Ter a nacionalidade española, ou de estado comunitario, ou ser cónxuxe de español ou de nacional de estado comunitario, ou ser estranxeiro con residencia legal en España.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Acreditación obrigatoria requirida: certificado médico.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria o equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. Acreditación obrigatoria requirida: declaración de veracidade.

e) Titulación:

e).1.- Posuír ou estar en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de graduado en ESO ou equivalente a efectos profesionais (entre outros o título de Graduado Escolar).

e).2.- Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do título CELGA 3 ou equivalente homologado segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. Se non se acreditase este requisito poderase acceder ao proceso selectivo pero será necesario superar a realización dunha proba de lingua galega que terá carácter eliminatorio. Os aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba oral que garanta a capacidade de comunicación en galego coa cidadanía a cal en ningún caso computará como mérito e realizarase para os efectos de garantir o dereito de participar no proceso selectivo para aquelas persoas que non posuísen o título acreditativo de galego con anterioridade á convocatoria. Para tales efectos, estas persoas deberán sinalar na súa solicitude de participación no proceso selectivo esta circunstancia. Concluída a valoración de méritos o tribunal publicará no taboleiro electrónico do Concello a relación de aspirantes na orde de puntuación alcanzada e, tras a realización da correspondente proba de galego, de ser preciso, elevará ao órgano competente a proposta de nomeamento dos aspirantes seleccionados en número non superior ao de prazas convocadas.

f) Outros requisitos: carné de manipulador de produtos fitosanitarios e permiso de conducir B.

Instancias: en modelo oficial que será facilitado aos interesados na sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxina web do Concello (www.xinzodelimia.es). As instancias xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e dos méritos alegados poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello ou mediante calquera dos restantes medios establecidos no artigo 16.4 da Lei de procedemento administrativo común nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no BOP.

Proceso selectivo: mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan no Decreto de data 09/07/2026 e nas bases xerais para a selección e aprobación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal, publicadas no BOP de Ourense n.º 152 de 11/08/2025, en virtude do cal, procédese á convocatoria do presente procedemento de contratación, que é obxecto de publicación no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxina web do Concello (www.xinzodelimia.es).

Documento asinado electronicamente. O alcalde.

Asdo.: Amador Díaz Penín.

R. 1.670