IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE OURENSE

Servizo de Persoal e Recursos Humanos

Aprobación da oferta de emprego público do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2026 (prazas de acceso libre)

Aprobación da oferta de emprego público do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2026 (prazas de acceso libre).

En cumprimento do establecido no artigo 70.2 del RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público e no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase que a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do 7 de xullo de 2026, aprobou a oferta de emprego público do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2026 (prazas de acceso libre), nos seguintes termos:

1. Aprobar a primeira oferta de emprego público do Concello de Ourense de acceso libre correspondente ao exercicio 2026, na que se inclúen as seguintes prazas:

- 2 Administrativos/as de Administración xeral (Escala de Administración xeral; Subescala Administrativa; Grupo C; Subgrupo C1).

- 5 Policías Locais (Escala de Administración especial; Subescala Servizos Especiais; Clase: Policía Local; Categoría: Policía Local; Grupo C; Subgrupo C1).

Con respecto á reserva de prazas para persoas con discapacidade, a reserva establécese nas prazas de administrativo/a. As bases do proceso selectivo poderán prever que no caso de quedar desertas algunha destas prazas, se acumule á convocatoria xeral de prazas de acceso libre para a súa cobertura polas persoas aspirantes desta quenda.

Non forman parte desta oferta de emprego público 2 prazas de Policías Locais que se reservan para a súa provisión polo proceso selectivo de mobilidade entre policías locais pertencentes a outros corpos das Policías Locais de Galicia, unha delas para cumprir a porcentaxe legal de reserva dun 25% á hora da convocatoria das ditas prazas establecida no artigo 43.2 da Lei de coordinación das policías locais de Galicia e outra para cubrir un posto de traballo vacante procedente da convocatoria de mobilidade do ano 2024 que se atopa vacante.

O sistema selectivo aplicable será o de concurso – oposición para as prazas de administrativo/a de Administración xeral e, por imperativo legal (art. 35.1 da Lei de coordinación das policías locais de Galicia), o de oposición libre para as prazas de Policías Locais.

2. Ordenar a publicación da oferta de emprego no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Réxime de recursos: Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial, interpoñendo o recurso contencioso administrativo ante o Tribunal de Instancia de Ourense – Sección do Contencioso Administrativo no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución. Non poderán simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente.

Ourense. O alcalde.

Asdo.: Gonzalo Pérez Jácome.

R. 1.663