IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RAMIRÁS

Convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto do Concello de Ramirás.

Anuncio da convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto do Concello de Ramirás.

De conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, esta Corporación vai proceder a elección do xuíz de paz substituto do Concello. Para estes efectos, faise pública a convocatoria de acordo coas seguintes bases:

1. Obxecto: constitúe o obxecto da presente convocatoria a elección do xuíz de paz substituto do Concello de Ramirás.

2. Requisitos: os aspirantes teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ser maior de idade.

c) Non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei do poder xudicial, nin nas de incompatibilidade sinaladas nos artigos 389 e seguintes da mesma lei.

3. Solicitudes: as solicitudes formularanse mediante instancia dirixida á Alcaldía e presentaranse no Rexistro do Concello na forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no BOP.

Coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2.1.a) da Lei 68/1980, do 1 de decembro, (relativa a se se atopa inculpado ou procesado).

c) Certificado ou informe médico de non padecer enfermidade que o incapacite para a función xudicial.

d) Declaración persoal de non estar incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 e 389 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

e) Xustificación dos méritos que, no seu caso, alegue.

Ramirás, na data da sinatura electrónica. A alcaldesa.

Asdo.: Isabel Gil Álvarez.

Documento asinado electronicamente.

R. 1.626