IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CELANOVA

Convocatoria dos procesos selectivos para a contratación laboral temporal a xornada completa de dous/dúas xefes/as de brigada e catro peóns/peoas de brigada para completar dúas (2) brigadas de incendios.

Anuncio

Por Resolución de la Alcaldía, con data do 03.07.2026, con número 2026-2210, aprobouse a convocatoria do proceso selectivo e as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a contratación laboral temporal a xornada completa dos seguintes postos: dous/dúas xefes/as de brigada e catro peóns/peoas de brigada para completar dúas (2) brigadas de incendios, polo sistema de concurso-oposición.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Celanova, na seguinte dirección de URL: http://celanova.sedelectronica.es/info.0

As solicitudes (segundo o modelo que figura no anexo II das bases) requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso e nas que os/as aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais e específicas para o posto que se opte, dirixiranse ao alcalde do Concello de Celanova e presentaranse no Rexistro de entrada de documentos deste concello, de 9.00 a 13.00 horas, ou ben mediante o procedemento e os lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de catro (4) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Se o último día fose inhábil, o prazo finalizará o seguinte día hábil.

Contra as bases, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, ante a Alcaldía deste Concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á precitada publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercitar calquera outro recurso que se considere pertinente.

Celanova, na data indicada na marxe. O alcalde.

Asdo.: Antonio Puga Rodríguez.

Asinado electronicamente na marxe.

R. 1.618