IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Corrección do apartado segundo da base cuarta das “bases específicas para a selección e creación de bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia, en relación coa praza/posto de traballador/a social”.

Anuncio

Corrección do apartado segundo da base cuarta das “bases específicas para a selección e creación de bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia, en relación coa praza/posto de traballador/a social”

Na data 23 de xuño de 2026 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 117 de Ourense as “bases específicas para a selección e creación de bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia, en relación coa seguinte praza/posto :

Traballador/a social

Categoría: B21”

En data 26 de xuño de 2026, con rexistro de entrada número 2026-E-RE-1204, presentouse recurso de reposición por dona María Rosario Capelo Casas, en nome e representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, fronte ás mencionadas bases, solicitando a modificación da base cuarta apartado segundo, coa finalidade de que se teñan en conta como mérito os cursos de formación impartidos polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Polo presente escrito, anúnciase que se estimou o recurso mediante Resolución da Alcaldía en data 03/07/2026, sendo a resolución do teor literal seguinte:

“Unha vez visto o informe-proposta de Secretaría, de data 29/06/2026, en relación con este recurso do seguinte teor literal:

“Unha vez visto o recurso de reposición presentado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, fronte á base cuarta para a constitución dunha bolsa de traballo específica para a constitución dunha bolsa de traballo de traballador/a social, por non estar conforme en que non se inclúa a formación impartida polo Colexio de Traballadores/as Sociais.

A citada base específica é reprodución da establecida nas bases xerais para a selección e creación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia. A aprobación das citadas bases xerais para a selección e creación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal foi publicada no BOP 152, do 11 de agosto do 2025, sen que houbera impugnación ningunha, polo que o acto da súa aprobación é consentido e firme.

Non obstante, as bases específicas en atención á natureza da praza poden establecer algunha diferenciación en relación coas bases xerais. Se ben na maioría das prazas que serán ofertadas para a súa cobertura mediante bolsa a colexiación non é un requisito obrigatorio, en determinados casos como o presente si que se dá esta circunstancia, polo que se considera razoable que sexan tidos en conta os cursos impartidos polo Colexio, en atención á súa especial importancia para o exercicio da profesión.

Polo tanto, proponse que se estime o recurso en relación coas bases específicas, de xeito que se modifique a súa base cuarta permitindo ter en conta para a baremación da formación a impartida polo Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais.

De aceptarse a proposta, cómpre publicar un anuncio en relación coa modificación da base cuarta no BOP, sendo a data deste anuncio a que servirá para o cómputo do novo prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte á publicación para a presentación de instancias. Sen embargo, serán admitidas ao proceso as solicitudes dos/as aspirantes presentados/as durante o prazo inicial de presentación, sempre que cumpran cos requisitos establecidos”.

Unha vez visto que na mesa de negociación que tivo lugar en data 29/06/2026, acordouse por unanimidade a estimación do recurso, no uso das facultades que me confire a lexislación, esta Alcaldía resolve:

Primeiro. Estimar a petición recollida no recurso presentado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia fronte ás bases específicas para a selección e creación de bolsa de emprego de persoal laboral temporal de Xinzo de Limia, en relación coa praza/posto de traballador/a social, con conservación dos restantes actos e contido da convocatoria e bases non afectados pola indicada modificación.

Segundo. Indicar que os cursos impartidos polos colexios oficiais de traballo social serán tidos en conta a efectos da baremación da formación e, polo tanto, no apartado II da base cuarta das bases específicas para a selección e creación de bolsa de emprego de persoal laboral temporal de Xinzo de Limia, en relación coa praza/posto de traballador/a social, onde di:

“II. Puntuación dos méritos académicos:

a) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para Formación ou sindicatos e relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta:

Máximo 3 puntos.

De 10 a 40 horas: 0,10 puntos por curso.

De 41 a 100 horas: 0,20 puntos por curso.

De 101 a 300 horas: 0,40 puntos por curso.

De 301 a 500 horas: 0,60 puntos por curso.

De 501 en adiante: 1,00 punto por curso.

(Acreditación: copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizado o curso na que conste o número de horas de formación realizada).

- Nota aclaratoria: os títulos de licenciatura, grao, máster, doutorado o formación profesional relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta serán valorados cun punto por título”.

Debe dicir:

“II. Puntuación dos méritos académicos:

a) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para Formación, sindicatos ou colexios oficiais de traballo social e relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta:

Máximo 3 puntos.

De 10 a 40 horas: 0,10 puntos por curso.

De 41 a 100 horas: 0,20 puntos por curso.

De 101 a 300 horas: 0,40 puntos por curso.

De 301 a 500 horas: 0,60 puntos por curso.

De 501 en adiante: 1,00 punto por curso.

(Acreditación: copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizado o curso, na que conste o número de horas de formación realizada).

- Nota aclaratoria: os títulos de licenciatura, grao, máster, doutorado o formación profesional relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta serán valorados cun punto por título.”

Terceiro. Publicar un anuncio en relación con esta modificación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na sede electrónica deste Concello, e iniciar novamente o prazo de presentación de instancias, que comezará a computar dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP. Sen embargo, serán admitidas ao proceso selectivo as solicitudes dos/as aspirantes presentadas durante o prazo inicial de presentación, sempre que cumpran cos requisitos establecidos.

Cuarto. Notificar o presente recurso ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e aos/ás aspirantes que xa presentaron solicitude, para o caso de que estimen oportuno presentar novos méritos tras coñecer esta modificación.

Quinto. Dar conta ao plenario desta resolución na vindeira sesión que este realice”.

Polo tanto, iníciase novamente o prazo de presentación de instancias, que será de vinte días naturais a partir do día seguinte da data de publicación deste anuncio no BOP.

Fronte á presente resolución poderán interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo a formular ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense, no prazo de dous meses, a contar dende o día seguinte á publicación da presente resolución.

Documento asinado electronicamente.

R. 1.611