I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria e bases reguladoras do procedemento de revisión e formación, mediante concurso, das listas de contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, na categoría de chofer/esa especialista.

Convocatoria e bases reguladoras do procedemento de revisión e formación, mediante concurso, das listas de contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, na categoría de chofer especialista

Para os efectos oportunos publícase que no día da data, esta presidencia ditou o seguinte decreto:

“De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada definitivamente trala súa modificación, na sesión plenaria do 30 de xullo de 2021, e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de outubro de 2021, no momento actual atópanse aprobadas e operativas as listas previas de contratación da categoría de chofer especialista (subgrupo C2).

Estas listas teñen un mecanismo de dobre lista de contratación (cunha lista prioritaria na que se esixe o permiso C + E, denominada lista principal e unha lista supletoria na que só se esixe o permiso C, lista que se empregará cando non existan traballadores dispoñibles na lista C + E, e sempre e cando o posto de traballo para o que se fai o chamamento non esixe o dito permiso C + E), o que permite solucionar algunhas problemáticas cando se esgota a lista prioritaria.

A publicación das listas definitivas da categoría de chofer especialista (principal e supletoria) foi realizada no BOP n.º 62, do 27 de marzo de 2024, con ampliacións da lista publicadas no BOP n.º 04, do 8 de xaneiro de 2025, e no BOP do 16 de febreiro de 2026. Tal e como establece o artigo 5.º apartado 9 da Ordenanza, a lista previa de contratación terá un prazo de vixencia de dous anos contados desde a publicación da súa aprobación no Boletín Oficial da Provincia (27 de marzo de 2026). As listas manteñen a súa plena vixencia e efectividade en tanto se realice o trámite de renovación. (Base reguladora 9.ª.9 segundo parágrafo (BOP n.º 107, do 11 de maio de 2023).

Polo exposto, e de conformidade co establecido no artigo 5, apartado 7, parágrafo 3.º, da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral, a Presidencia formuloulle a proposta sobre as bases reguladoras do procedemento á Comisión de Control e Seguimento, que a informou favorablemente na sesión do día 17 de xuño de 2026.

Polo exposto, dispoño:

1º) Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria do procedemento de revisión e formación, mediante concurso, das listas de contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, na categoría de chofer especialista, debendo ser publicadas na forma regulamentaria:

Bases reguladoras do procedemento de urxente renovación e formación, mediante concurso, das listas previas de contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, na categoría de chofer especialista (Subgrupo C2)

Base 1ª. Obxecto

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria do procedemento para a revisión e formación das listas previas para a contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, na categoría profesional de chofer especialista, en cumprimento do establecido no apartado 11 do artigo 5 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de outubro de 2021).

Base 2ª. Categoría profesional da lista obxecto da convocatoria de ampliación:

1.A lista previa obxecto de renovación a través da presente convocatoria é a seguinte:

- Chofer especialista (Subgrupo C2), publicada no BOP n.º 62, do 27 de marzo de 2024, e as ampliacións da lista publicadas no BOP n.º 04, do 8 de xaneiro de 2025, e no BOP do 16 de febreiro de 2026.

2. En execución das presentes bases, procederase á revisión e actualización das listas sinaladas no apartado anterior, permitindo o acceso de novos/as aspirantes e a actualización de méritos dos/as actuais integrantes das listas. Ademais, a Deputación Provincial revisará de oficio as listas de integrantes da sección B), incluíndo na sección A) a aqueles/as que, na aplicación das listas orixinais, acadaran méritos por servizos prestados superiores a seis meses na correspondente categoría.

3. Terán dereito a ser incluídas na revisión e formación da lista todas as persoas que reúnan os requisitos legais para o acceso ao emprego público na categoría profesional correspondente, de chofer especialista.

4. Os/as integrantes da lista renovada da categoría chofer especialista poderán ser chamados/as para desempeñar temporalmente calquera posto de traballo reservado a esa categoría profesional na Relación de postos de traballo da Deputación, así como postos de traballo temporais desa mesma categoría non incluídos na dita relación.

5. O ámbito territorial da lista, con carácter xeral, será único, e a inclusión nelas determinará a posibilidade de que os seus integrantes sexan chamados para o desempeño de postos da categoría correspondente en centros de traballo situados nos municipios da provincia de Ourense

Base 3ª. Requisitos para formar parte da lista e para a posterior contratación dos seus integrantes

1. Para ser inscritos na lista ampliada, os solicitantes deberán acreditar reunir os requisitos seguintes:

a) Estar en posesión de:

- Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

- Carné de conducir de clase C+E e certificado de aptitude profesional conforme ao Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada.

Non obstante o anterior, admitirase aos solicitantes que só dispoñan do carné de conducir de clase C e do correspondente certificado de aptitude profesional conforme ao Real decreto 1032/2007. Estes solicitantes integraranse nunha lista supletoria, na que se farán os chamamentos nos supostos en que non exista persoal dispoñible na lista principal de aspirantes co permiso C+E e sempre e cando o posto para cuxa cobertura se efectúe o chamamento non esixa o permiso C + E para o seu desempeño.

b) Posuír, o diploma ou certificado que acredite o grao de coñecemento da lingua galega, Celga 3. Só se lles concederá validez aos cursos e titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Non obstante o anterior, o requisito poderase substituír pola superación dunha proba, convocada para os aspirantes admitidos, que consistirá nunha entrevista oral en idioma galego, que realizará un tribunal designado para o dito efecto pola presidencia. O exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar o resultado de apto. O dito procedemento deberá estar resolto na fase previa á admisión definitiva dos/as solicitantes.

c) Ter a nacionalidade española. Ademais, poderán acceder ás listas de funcionarios interinos os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe – sempre que non estean separados de dereito – menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Poderán acceder a elas, ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, os/as estranxeiros/as que se atopen residindo legalmente en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

d) Ter cumpridos os 16 anos e non ter acadada a idade de xubilación.

Os requisitos sinalados neste apartado deben reunirse o último día do prazo para a presentación de solicitudes, e acreditarse coa documentación anexa a propia solicitude.

2 Para poder ser contratados ou nomeados, os integrantes da lista ampliada deberán acreditar, no momento do chamamento, que reúnen os seguintes requisitos:

a) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias de cada categoría. Entenderase que se posúe a dita capacidade funcional cando non se padeza enfermidade nin se estea afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

b) Non estar separados do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Base 4ª. Taxas pola participación no proceso selectivo

Para a admisión ao concurso dos solicitantes, será requisito imprescindible o previo aboamento da taxa establecida na vixente Ordenanza fiscal, agás nos supostos de exención.

As tarifas fixas aplicables nesta convocatoria son as seguintes:

-13 € para o subgrupo C2 (chofer especialista)

Estarán exentos de pago da taxa as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

- Persoas que acrediten atoparse en situación de desemprego como parados de longa duración.

- As persoas que formen parte dunha familia numerosa gozarán dunha bonificación do 50 %.

Para o caso das exencións ou bonificacións deberase acreditar o cumprimento do requisito que produce o dereito, do xeito establecido na base 5ª.

O pago da taxa realizarase a través do modelo de autoliquidación que se inclúe na convocatoria, que ademais estará dispoñible na sede electrónica da Deputación https://sede.depourense.es/.

Base 5ª. Solicitudes de inscrición na lista de contratación. Prazo, lugar e forma de presentación. Documentación esixible

1. O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

2. As instancias solicitando tomar parte na convocatoria, na que os/as aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias, dirixiránselle ao presidente da Deputación. As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense (ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Neste último caso prégase que se envíe a copia da instancia vía e-mail ao enderezo electrónico persoal@depourense.gal.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es/

3. As solicitudes para a inscrición das persoas que non están integradas nas listas vixentes conterán a seguinte documentación:

A) Documentación administrativa para a admisión ao concurso:

a) Documento nacional de identidade ou equivalente.

b) Modelo normalizado de solicitude que se inclúe nesta convocatoria (Anexo I) e que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es/

c) Xustificante de pago da taxa de participación no proceso selectivo.

No caso de que o/a interesado/a estea exento por discapacidade igual ou superior ao 33 %, deberá acreditar esta circunstancia mediante a certificación acreditativa expedida polo Instituto Nacional de Seguridade Social.

No caso de que o/a interesado/a estea exento por ter a condición de desempregado de longa duración, deberá achegar a certificación desta situación expedida polo servizo público de emprego.

No caso de que o/a interesado/a forme parte dunha familia numerosa e se acolla á bonificación do 50 % no pago da taxa, deberá achegar a copia do título de familia numerosa expedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

d) Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

e) Diploma ou certificado Celga 3 que acredite o grao de coñecemento do idioma galego. No caso de non presentar esta documentación, o/a interesado/a deberá realizar unha proba oral de coñecemento de lingua galega.

f) Carné de conducir C+E ou C e CAP.

B) Documentación para a valoración do concurso:

a) Certificación expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social acreditativa de ter recoñecida unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %, de ser o caso.

b) Certificado ou informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

c) Certificación expedida pola Administración competente dos servizos prestados para o caso de experiencia laboral en administracións públicas

d) Copia dos contratos de traballo para os servizos prestados no sector privado, na mesma ou análoga categoría para a que se presenta a solicitude.

e) Diplomas ou certificados do cursos que se aleguen como mérito para a súa valoración conforme aos baremos recollido na base 5ª, apartado 1, letra b).

Os méritos admisibles e avaliables serán unicamente os causados ata a data da presentación de solicitudes.

A esixencia da restante documentación recollida neste apartado motívase pola imposibilidade material, no momento actual, de obter os datos correspondentes nas plataformas de intermediación de datos e redes corporativas das administracións públicas.

4. Non obstante o anterior, non será necesario achegar a documentación sinalada no apartado 3 que xa estea en poder da Deputación Provincial. Deberase indicar esta situación na solicitude, facendo constar a data e procedemento no que foron achegados.

5. Os requisitos de estar en posesión da titulación esixida, así como os datos de identidade, de non achegarse coa solicitude, serán comprobados de oficio pola Deputación mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos das administracións públicas, sempre que, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello Europeo do 27 de abril de 2016, relativo á protección dos datos das persoas físicas, os/as solicitantes fagan constar o seu consentimento expreso na solicitude (Anexo I).

Excepcionalmente, se a Deputación non puidese obter os documentos conforme ao previsto neste apartado, poderá solicitarlle ao interesado a súa achega, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles.

6. En todo caso, os datos e documentos obtidos utilizaranse exclusivamente para as finalidades deste procedemento selectivo. Os interesados poderán exercer en calquera momento os dereitos que lles recoñece a normativa vixente en materia de protección de datos.

7. Cando os/as interesados/as presenten en papel a solicitude e a documentación anexa, deberán presentar a dita documentación na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros da Deputación Provincial ou de calquera outra entidade do sector público ás que se refire o artigo 2.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como en representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España. A oficina dixitalizará os documentos, emitindo unha copia electrónica auténtica destes, que se remitirá á unidade administrativa competente pola propia oficina. Os documentos en papel presentados devolveranse no acto ao interesado, en unión dun recibo acreditativo da presentación da solicitude e a documentación anexa.

A documentación deberá presentarse sen grampar nin encadernar, en follas soltas e ordenadas, para facilitar a súa correcta dixitalización.

Alternativamente, poderán presentar a documentación en papel nunha oficina de correos, que a dixitalizará e enviará electronicamente á Deputación a través do servizo de rexistro virtual electrónico coa administración (ORVE) de Correos.

8. Cando os/as interesados/as opten pola presentación telemática no rexistro electrónico da Deputación, deberán acceder ao rexistro na sede electrónica da Deputación, procedendo do seguinte xeito:

a) En primeiro lugar, deberán cubrir a solicitude, que estará dispoñible sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es/

e a descargala e gardala no seu dispositivo electrónico, para logo anexala no Rexistro Electrónico.

b) En segundo lugar, deberán dixitalizar e incorporar á solicitude o resto de documentación esixible.

c) Unha vez incorporada a solicitude, asinarana electronicamente e enviarana, xerándose automaticamente o recibo acreditativo da súa presentación. A sinatura electrónica deberá realizarse mediante os sistemas de sinatura electrónica previstos no artigo 10.1, apartado a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9. Para calquera consulta ou dúbida poderá contactar co Servizo de Recursos Humanos, Formación, no teléfono 988 317 570, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Base 6ª. Baremo de méritos

1. O baremo aplicable para a formación das listas será o seguinte:

a) Polos servizos prestados na mesma ou análoga categoría profesional: 0,15 puntos por mes ou fracción (acreditarase, no caso de servizos prestados en administracións públicas, mediante a certificación expedida pola Administración correspondente e para o resto de servizos prestados mediante o informe da vida laboral expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social e mediante o orixinal dos contratos de traballo).

Entenderase por categoría profesional análoga aquela coa que a prevista nas bases garde unha relación de identidade esencial.

O cómputo realizarase sumando o tempo total de servizos prestados expresado en días e dividíndoo por trinta, aplicándolle ao cociente resultante o coeficiente de puntuación que corresponda segundo o baremo.

b) Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do Acordo de Formación Continua para as Administracións Públicas ou formación ocupacional relacionados coas funcións para desenvolver:

- Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.

- Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.

- Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso.

Acreditarase mediante a copia cotexada do diploma ou certificado do curso correspondente.

2. Para a aplicación do dito baremo observaranse as seguintes regras:

a) O mérito recollido na letra a) do baremo non será obxecto de valoración na sección B) da lista no que se refire a servizos prestados por tempo superior a seis meses na categoría correspondente.

b) De producirse empate na puntuación a orde de desempate establecerase do xeito seguinte:

Pola maior puntuación nos apartados do baremo, segundo a súa orde (a maior puntuación na letra a) e no seu defecto na letra b).

De persistir o empate, por orde alfabética, a partir da letra inicial que resulte do último sorteo anual efectuado pola Xunta de Galicia para os seus procesos selectivos.

Base 7ª. Comisión de valoración

1. A Comisión de Valoración será designada pola Presidencia, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto básico do empregado público. A Comisión estará integrada por un/unha presidente/a, catro vogais e un/unha secretario/a, este/a último/a con voz pero sen voto e que desempeñará as funcións propias da Secretaría de órganos colexiados.

2. A Comisión de Valoración para este procedemento é a designada pola Resolución da Presidencia número 2025/16287, do 28 de novembro de 2025. (BOP do 3 de decembro de 2025.)

3. Os membros da Comisión exercerán a súa función de xeito independente, e non estarán suxeitos a instrucións ou directrices doutros órganos ou unidades administrativas da Deputación. Estarán suxeitos ós deberes de abstención establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas, e poderán ser obxecto de recusación conforme co previsto na dita lei, correspondéndolle á Presidencia da Deputación a resolución do incidente de recusación.

4. No non previsto nestas bases nin na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, a Comisión de Valoración axustará o seu funcionamento ás normas sobre órganos colexiados contidas no Título II da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Base 8ª. Procedemento de elaboración da lista

1. Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias, a comisión de valoración prevista realizará un primeiro exame das solicitudes, no que se verificará o cumprimento dos requisitos formais e documentais establecidos na base 4ª:

A Comisión concederá un prazo de cinco días hábiles para a emenda das deficiencias documentais advertidas nas solicitudes, mediante un anuncio que se publicará na sede electrónica da Deputación Provincial.

Simultaneamente a este trámite de emendas de deficiencias, a Comisión de Valoración remitirá a Comisión de Control e Seguimento relación dos cursos achegados polos solicitantes para os efectos de establecer os criterios de valoración destes na formación das listas.

2. Unha vez concluído o prazo de emenda de deficiencias, a Comisión formulará unha proposta de revisión e formará a lista previa, conforme ás seguintes regras:

a) Excluiranse da revisión aquelas solicitudes que non emendaran as deficiencias formais e documentais no prazo concedido para o efecto, así como aquelas outras presentadas fóra de prazo e as que non reúnan os requisitos establecidos nas presentes bases.

b) Elaboraranse dúas listas da categoría profesional. Unha delas, denominada lista principal, estará integrada polos aspirantes que acreditasen dispoñer do permiso de conducir de clase C+E. A segunda, denominada lista supletoria, estará integrada polos aspirantes que só acredite dispoñer do permiso de conducir de clase C. Cada lista, á súa vez, dividirase en dúas seccións, identificadas polas letras A) e B). Na sección A) incluiranse os aspirantes que posúan como mérito avaliable os servizos previos prestados por tempo superior a seis meses na categoría correspondente na Deputación Provincial ou noutras Administracións Públicas ou no sector privado. Na sección B) incluiranse os aspirantes que non posúan os ditos méritos. Ningún aspirante poderá acceder de xeito simultáneo ás dúas seccións da lista, e serán incluídos de oficio pola comisión na sección que corresponda, de conformidade co que resulte da certificación de vida laboral que obrigatoriamente deberán presentar os aspirantes.

A revisión da lista incluirá o mantemento dos actuais integrantes das listas vixentes coa valoración obtida nese procedemento, procedéndose de oficio ao paso da sección B á sección A, de oficio e sen necesidade de que presenten solicitude, cando en execución da lista vixente acadaran méritos por prestación de servizos na categoría de que se trate por un período superior a seis meses.

c) A orde da lista actualizada virá determinada pola puntuación obtida no concurso, determinada por aplicación do baremo establecido nas presentes bases e á vista dos méritos acreditados polos aspirantes.

d) Na valoración dos cursos a Comisión de Valoración seguirá os criterios xerais que estableza a Comisión de Control e Seguimento.

Non obstante o anterior, e para cumprir coa reserva do 7 % dos postos ao seu favor, as persoas con discapacidade terán dereito a un de cada quince postos de cada sección da lista, aínda que a súa puntuación corresponda cun posto inferior. Esta regra non será de aplicación cando a puntuación obtida xa lles dea dereito a un posto en cada quincena da lista.

3. A proposta da comisión someterase a información pública por prazo de dez días hábiles, para os efectos de reclamacións dos interesados, mediante un anuncio que se publicará na sede electrónica da Deputación Provincial. As alegacións, de ser o caso, serán informadas pola comisión, que elevará a proposta definitiva á Comisión de Control e Seguimento prevista no artigo 9 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, para a emisión do informe preceptivo.

4. Unha vez emitido o informe pola Comisión de Control e Seguimento, se este fose desfavorable á proposta da Comisión de Valoración, devolveráselle o expediente a esta, co fin de que emita o informe ao respecto que considere oportuno.

Unha vez emitidos os informes da Comisión de Control e Seguimento, e, se é o caso, da Comisión de Valoración, aos que se alude no parágrafo anterior, a Presidencia resolverá conforme coa proposta desta última, agás que, de xeito motivado, considere que a dita proposta infrinxe as bases reguladoras ou a normativa vixente. Neste suposto, a Presidencia requirirá da Comisión a formulación dunha nova proposta na que se emenden as deficiencias advertidas.

A Comisión, motivándoo suficientemente, poderá manter a súa proposta orixinal, que vinculará á Presidencia, sen prexuízo da potestade dos órganos da Administración provincial de acordar a declaración de lesividade ou a revisión de oficio da resolución de que se trate, cando se estime procedente conforme coa lexislación aplicable.

5. A resolución da Presidencia será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica da Deputación, entrando en vigor coa publicación no Boletín.

Base 9.ª Procedemento para a contratación das persoas integrantes da lista

1. Unha vez producida a necesidade de cobertura temporal dun posto e previamente á realización de calquera contrato temporal, será preceptiva a tramitación prevista no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados, a Presidencia acordará a realización da contratación das persoas ás que lle corresponda pola súa orde na lista ampliada coa alternancia das seccións A) e B), verificándose os chamamentos de xeito que por cada dous contratos ou nomeamentos que se realicen, o primeiro corresponderá á sección A), e o seguinte á sección B), e así sucesivamente.

Os chamamentos realizaranse en primeiro lugar sobre a lista principal. No suposto en que non existan aspirantes dispoñibles para ser contratados na dita lista principal, realizaranse os chamamentos sobre a lista supletoria, sempre e cando o posto para cuxa cobertura se fai o chamamento non esixa dispoñer do permiso de conducir de clase C + E.

3. Os integrantes da sección B) pasarán a ser incluídos de oficio na sección A) en cada renovación da lista, cando conste que adquiriron como mérito avaliable o de servizos prestados por tempo superior a seis meses na categoría correspondente na Deputación Provincial ou noutras Administracións Públicas ou no sector privado.

4. A mera integración nunha lista para contratación temporal non dará lugar á existencia de relación laboral ningunha coa Deputación, senón unicamente o dereito a ser contratado nos supostos nos que a Deputación Provincial aprecie a existencia da necesidade de realizar contratos para postos reservados á lista de referencia, nos termos e condicións que sinale a Administración provincial conforme co establecido no artigo 3 da Ordenanza.

5. Os chamamentos faranse mediante un anuncio na sede electrónica da Deputación de Ourense. No prazo máximo de dous días hábiles seguintes á publicación do chamamento, o/a aspirante deberá presentarse nas oficinas do Servizo de Recursos Humanos da Deputación para formalizar o correspondente contrato. Para levar a cabo a dita formalización, o/a aspirante deberá subscribir unha declaración xurada de non estar separado/a de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas, para o que poderá empregarse un modelo que facilitará o propio servizo.

Desde o Servizo de Recursos Humanos xestionarase a realización dun exame médico do aspirante, a cargo do servizo de medicina do traballo da Deputación, co fin de acreditar que o/a aspirante posúe capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias de cada categoría. Entenderase que se posúe a dita capacidade funcional cando non se padeza enfermidade nin se estea afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. O sometemento ao exame médico é obrigatorio para o aspirante, e o seu rexeitamento dará lugar á exclusión das listas.

No caso de rexeitar o chamamento, ou de non cumprir o/a interesado/a os trámites sinalados no prazo indicado e coa achega da documentación sinalada, así como nos supostos en que o exame médico acredite que o/a aspirante non posúe capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias da categoría, ditarase unha resolución pola que se declare a imposibilidade de realizar a contratación (que en todo caso será obxecto de notificación individualizada ao afectado). Nesta resolución acordarase ademais a exclusión do/a aspirante decaído/a da lista con carácter definitivo, agás que o incumprimento ou imposibilidade da contratación estea motivado por causa de forza maior debidamente acreditada ou que se acredite a imposibilidade temporal de aceptar o chamamento pola concorrencia de circunstancias especiais que motivasen unha baixa regulada para un traballador activo da Deputación.

Para estes efectos, e dado o ámbito territorial das listas, considerarase como causa de forza maior eximente da obriga de aceptar a contratación proposta a residencia nun núcleo de poboación afastado en máis de 30 quilómetros do centro de traballo do posto ofertado.

Simultánea ou sucesivamente á dita resolución, chamarase o/a seguinte integrante da lista que corresponda.

6. A medida que se vaian extinguindo os contratos realizados, as persoas contratadas pasarán a ocupar de novo o posto que consonte coa puntuación obtida lles corresponda na lista, podendo volver a ser contratadas se xurdise a necesidade. Sen prexuízo do anterior, os/as integrantes das listas que, en virtude dos contratos realizados ao abeiro deste sistema, adquiran o dereito á prestación por desemprego, pasarán a ocupar o último lugar da lista.

7. Nos supostos nos que xurdise a necesidade dunha contratación temporal para un posto dos reservados á lista, e todos/as os/as integrantes da dita lista tivesen contratos en vigor coa Deputación Provincial, realizarase unha convocatoria específica para a ampliación da lista previa, que se tramitará de forma urxente, reducíndose á metade os prazos previstos para este procedemento. Non obstante, poderá empregarse o procedemento excepcional de urxencia se concorren os requisitos establecidos no artigo 7 da Ordenanza.

8. A lista previa de contratación manterá un prazo de vixencia de dous (2) anos desde a publicación da súa aprobación no Boletín Oficial da Provincia, debendo cubrirse obrigatoriamente as necesidades de persoal temporal da Deputación Provincial para os postos de traballo aos que se refira a lista mediante a contratación ou nomeamento directo das persoas incluídas, seguindo a súa orde de colocación na lista.

9. A lista renovaranse mediante unha convocatoria realizada para o efecto. Na dita convocatoria de renovación poderán integrarse novos candidatos, e os xa incluídos poderán actualizar os seus méritos. Ademais, nesta renovación a Deputación Provincial revisará de oficio a lista de integrantes da sección B), incluíndo na sección A) a aqueles que, na data de remate de prazo de presentación de instancias para a renovación, acadaran méritos por servizos prestados por tempo superior a seis meses na correspondente categoría.

En tanto se realice o trámite de renovación das listas, a lista anterior manterá a súa plena vixencia e efectividade.

Base 10.ª Recursos

Contra a resolución que aproba estas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta Presidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, ou poderase impugnar directamente ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses, contados desde a mesma data. Non poderán simultanearse ambos os recursos.

Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estimen oportuna.

O presidente da Deputación Provincial de Ourense.

(Ver anexo páx seguinte).

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A RENOVACIÓN E FORMACION DUNHA LISTA PREVIA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL INTERINO DA CATEGORÍA DE CHOFER ESPECIALISTA (SUBGRUPO C2) AO SERVIZO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANEXO I

I. Datos do/a solicitante:

APELIDOS: __________________________________________________________________

NOME: ________________________________________DNI/NIE: ______________________

ENDEREZO: _________________________________________________________________

POBOACIÓN: ____________________________PROVINCIA: __________________________

TELÉFONO MÓBIL: __________________________ TELÉFONO: _______________________

CORREO ELECTRÓNICO: ______________________________________________________

II. Solicito a miña inclusión para participar no proceso selectivo para a renovación e formación da lista de contratación laboral temporal na seguinte categoría profesional (o/a aspirante deberá marcar a/as categorías ás que desexa presentarse.)

Chofer especialista (C2)

III. Documentación que achego:

- DNI

- Titulación (graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente)

- Diploma ou certificado polo que se acredita o grao de perfeccionamento do idioma galego Celga 3

- Carné de conducir “C+E” ou “C” e “CAP“

- Xustificante do pago da taxa de procesos selectivos (ou de cumprir os requisitos de bonificación ou exención da taxa, de ser o caso.)

- Xustificante dos méritos alegados

SI

CONSINTO EXPRESAMENTE que a Deputación Provincial de Ourense poida obter electronicamente nas redes corporativas e/ou plataformas de intermediación de datos das AAPP, os documentos ou informacións indicados na base 3.ª punto 1. da convocatoria (os referidos á identidade e á titulación)

NON

SI

AUTORIZO a Deputación Provincial de Ourense para que me sexa enviado por vía de correo electrónico ou SMS a comunicación de aviso da publicación na sede electrónica da Deputación dos diferentes actos e resolución de interese para a miña solicitude, se así se acordase.

NON

___________,____ de _____________ de 20_____

Sinatura

Anexo relativo ao réxime de protección dos datos persoais achegados coa solicitude: Os datos persoais achegados coa presente solicitude incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas función de selección e xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os seus datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisión individuais automatizadas, ante o responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de Protección de Datos, no correo electrónico dpd@depourense.gal. En todo caso, os/as interesados/as poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELATORIO DE MÉRITOS

ANEXO II

APELIDOS E NOME: ___________________________________________________________

DNI/NIE: __________________________ TELÉFONO MÓBIL: _________________________

Para os efectos do baremo aplicable, acredito os méritos que a seguir se especifican e achego documentación xustificativa deles.

1. Polos servizos prestados na mesma categoría ou análoga categoría profesional:

ANOS

MESES

DÍAS

2. Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionado coas funcións para desenvolver:

DENOMINACIÓN

ORGANISMO EMISOR

ANO

HORAS

______________, ____ de _________________ de 20 ___

Sinatura

ANEXO RELATIVO AO RÉXIME DE PROTECCIÓN DOS DATOS PERSOAIS

ACHEGADOS COA SOLICITUDE

Os datos persoais achegados coa presente solicitude incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas función de selección e xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto.

Os seus datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisión individuais automatizadas, ante do responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de Protección de Datos, no correo electrónico dpd@depourense.gal. En todo caso, os/as interesados/as poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.”

Ourense, 26 de xuño de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 1.578