IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Anuncio relativo á corrección das ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025 (prazas de auxiliar administrativo/a)

Anuncio relativo á corrección das ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025 (prazas de auxiliar administrativo/a)

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, por Decreto núm. 1241, do 26 de xuño de 2026, aprobou a modificación da oferta de emprego público do ano 2023. Publícase a parte dispositiva do decreto para cumprir a normativa vixente:

Primeiro. Corrixir as ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025, suprimindo a referencia á Área de Servizos Sociais, no primeiro caso, e, suprimindo a codificación do posto, no segundo caso, convocando as prazas de modo xenérico, de tal modo que quedarán como segue:

Oferta de emprego público 2023

1 praza de funcionario/a de carreira, escala Administración xeral, subescala auxiliar que se atopa integrada no grupo C, subgrupo C2.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo e a súa finalización será o 23.12.2026, manténdose o prazo límite de cumprimento da OEP 2023

A selección realizarase en quenda libre e mediante o sistema de oposición.

Oferta de emprego público 2025

A. Funcionarios/as de carreira

A.1 Funcionarios/as de Administración xeral

-1 praza de funcionario/a de carreira, escala Administración xeral, subescala auxiliar que se atopa integrada no grupo C, subgrupo C2.

A selección realizarase mediante oposición en quenda libre.

Segundo. Publicar as presentes correccións no BOP de Ourense e no DOG.

Recursos

Contra o presente acto, que pon fin á vía administrativa:

- Poderá con carácter potestativo, interpoñer un recurso de reposición ante o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da notificación. Se interpón o recurso de reposición, non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel recurso sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. Unha vez transcorrido un mes desde a interposición do recurso sen que se lle notifique resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo, quedando expedita a vía contencioso-administrativa. O recurso contencioso-administrativo poderá interpoñerse no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses desde o día seguinte a aquel en que se entenda desestimado por silencio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense.

- Alternativamente, poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense.

Sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente

O Barco de Valdeorras, 29 de xuño de 2026. O alcalde.

Asdo.: Aurentino Alonso Araújo.

R. 1.567