IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Anuncio relativo á modificación da oferta de emprego público do ano 2023 (praza de oficial/a de parques e xardíns)

Anuncio relativo á modificación da oferta de emprego público do ano 2023 (praza de oficial/a de parques e xardíns)

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, por Decreto núm. 1242, do 26 de xuño de 2026, aprobou a modificación da oferta de emprego público do ano 2023. Publícase a parte dispositiva do decreto para cumprir a normativa vixente:

Primeiro. Aprobar a modificación da oferta de emprego público do ano 2023 que supón o cambio de denominación da praza de oficial/a de 2.ª de xardíns para adecuarse a RPT do Concello, quedando como segue:

B. Persoal laboral

- 1 praza de persoal laboral fixo, oficial/a de parques e xardíns, grupo IV.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo e a súa finalización será o 23.12.2026, manténdose o prazo límite de cumprimento da OEP 2023.

Segundo. Un anuncio deste acordo xunto co réxime de recursos publicarase no BOP de Ourense e no DOG.

Recursos

Contra o presente acto, que pon fin á vía administrativa:

- Poderá con carácter potestativo, interpoñer un recurso de reposición ante o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da notificación. Se interpón o recurso de reposición, non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel recurso sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. Unha vez transcorrido un mes desde a interposición do recurso sen que se lle notifique resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo, quedando expedita a vía contencioso-administrativa. O recurso contencioso-administrativo poderá interpoñerse no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses desde o día seguinte a aquel en que se entenda desestimado por silencio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense.

- Alternativamente, poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense.

Sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente

O Barco de Valdeorras, 29 de xuño de 2026. O alcalde.

Asdo.: Aurentino Alonso Araújo.

R. 1.566