I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Aprobación das bases reguladoras e da convocatoria de concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tempada 2025-2026

Publicase, para o coñecemento xeral, que a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, por delegación de competencia do Pleno da Corporación Provincial (BOP n.º 184, do 11 de agosto de 2023), na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de xuño de 2026, adoptou o acordo de aprobación das bases reguladoras e da convocatoria de concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tempada 2025-2026, co seguinte contido:

Primeiro: Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria de concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, durante a tempada deportiva 2025-2026, nos termos que se reflicten a continuación:

Bases reguladoras e convocatoria da concesión de bonificación a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a temporada deportiva 2025-2026

1ª. Obxecto

O obxecto destas bases é regular a concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tempada deportiva 2025-2026.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz (BOP núm. 107, do 11.05.2023): “A Xunta de Goberno poderá conceder bonificacións nas tarifas por utilización do pavillón auxiliar e o pavillón principal, trala solicitude previa dos interesados, cando a actividade para a que se van utilizar as instalacións teña un claro carácter de interese público, social, cultural ou deportivo, non podendo tratarse, en ningún caso, dunha actividade susceptible de reportarlle un beneficio económico ao solicitante. Anualmente, ao longo da temporada deportiva, a Xunta de Goberno realizará unha convocatoria pública para a solicitude e concesión de bonificacións. O acordo de convocatoria incluirá unhas bases reguladoras, nas que se definirán os prazos de presentación de solicitudes, a documentación que debe presentarse e os lugares e condicións para a súa presentación, concretándose ademais os criterios de valoración e indicadores que se van utilizar para a ponderación das solicitudes presentadas”.

2ª. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarias aquelas entidades deportivas, culturais ou recreativas que fagan uso do Pazo dos Deportes durante a tempada deportiva 2025-2026, cando a actividade para a que se van utilizar as instalacións non reporte ningún beneficio económico á entidade solicitante e ademais teña un claro carácter de interese público, social, sociosanitario, cultural ou deportivo.

3ª. Lugar e forma de presentación

As solicitudes, subscritas pola persoa representante da entidade, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, mediante a súa presentación no Rexistro Xeral desta entidade, de forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense (http://www.depourense.es/index.php/es/sede-electronica-es)

4ª. Prazo de presentación

O prazo de presentación, para aquelas entidades que fagan uso das instalacións durante toda a temporada deportiva, iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases no BOP de Ourense, e rematará un mes despois da súa publicación.

Para actividades puntuais e extraordinarias as solicitudes oficiais deberán presentarse con suficiente antelación ao desenvolvemento das mesmas.

5ª. Documentación para presentar

As solicitudes, en modelo normalizado, están a disposición de todos os interesados no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Deputación de Ourense (http://www.depourense.es/index.php/es/sede-electronica-es), na páxina web do Pazo dos Deportes, https://pazopacopaz.depourense.gal/, nas oficinas da instalación e no BOP de Ourense no que teña lugar a convocatoria destas Bases. Coa indicada solicitude deberán acompañar a información necesaria para valorar adecuadamente os criterios que se indican a continuación.

6ª. Criterios de valoración e porcentaxe das bonificacións

De conformidade co devandito artigo 5º da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz (BOP núm. 107, do 11.05.2023), para efectuar a ponderación das solicitudes presentadas, teranse en conta os seguintes criterios de valoración:

Actividade continuada durante toda a tempada deportiva

Número total de deportistas e de equipos da entidade na súa modalidade deportiva. Outorgarase unha maior puntuación canto maior sexa a presenza de equipos e deportistas de base, de mulleres e de persoas con diversidade funcional (de 0 a 20 puntos). Entenderase por deportistas de base os comprendidos entre os 4 e os 18 anos.

Nivel da competición dos equipos da entidade, expresando o ámbito xeográfico onde se desenvolve. Outorgarase unha maior puntuación canto maior sexa a categoría da competición na que participe (de 0 a 15 puntos).

Condicionantes económicos da entidade provenientes da análise da última liquidación oficial de gastos e ingresos da mesma, dando maior puntuación canto máis contribución exista de fondos propios e axudas privadas (de 0 a 10 puntos).

Outras especiais circunstancias, razoadas de maneira motivada (de 0 a 10 puntos)

Actividade puntual ou extraordinaria

a) Número total de participantes e público asistente, outorgando máis puntos canto maior sexa a previsión de participantes e público na actividade (de 0 a 20 puntos).

b) Breve xustificación do interese público, tendo en conta especialmente o seu impacto social, así como a idoneidade e especial consideración a tal fin, do Pazo dos Deportes, outorgando máis puntos a aquelas actividades que acrediten un interese público ou social relevante, así como unha maior adecuación da actividade a instalación (de 0 a 10 puntos).

c) Actividades destinadas a colectivos de especial protección, respecto aos que debemos contribuír a súa integración, atendendo as súas necesidades específicas, contribuíndo con elo o seu benestar físico, emocional e social (de 0 a 10 puntos).

d) Condicionantes económicos da entidade provenientes da análise do orzamento da actividade para a que se solicita a bonificación, dando maior puntuación canto maior sexa a contribución de fondos propios e axudas privadas (de 0 a 10 puntos).

e) Outras especiais circunstancias, razoadas de maneira motivada (de 0 a 5 puntos).

7ª. Resolución

Tras os informes técnicos previos oportunos, a Xunta de Goberno graduará a porcentaxe da bonificación que conceda en función dos criterios de valoración indicados anteriormente.

A porcentaxe de bonificación sobre a cota do prezo público calcularase do seguinte xeito:

- De 36 a 55 puntos: 100% de bonificación

- De 25 a 35 puntos: 90% de bonificación

- De 20 a 24 puntos: 75% de bonificación

-  De 15 a 19 puntos: 60% de bonificación

-  De 10 a 14 puntos: 45% de bonificación

-  De 6 a 9 puntos: 30% de bonificación

-  De 3 a 5 puntos: 20% de bonificación

-  Menos de 3 puntos: 0% de bonificación

En todo caso, aqueles eventos patrocinados ou subvencionados pola Deputación Provincial de Ourense e as competicións de Copa Deputación nas distintas modalidades deportivas celebradas polas correspondentes federacións deportivas ou entidades autorizadas polas mesmas; que teñan lugar nas instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, serán obxecto dunha porcentaxe de bonificación do 100%.

8ª. Réxime de protección de datos

Os datos persoais facilitados polas persoas usuarias incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense, e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e coa Lei orgánica 3/2018, de protección de datos de carácter persoal e de garantía dos dereitos dixitais.

A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público.

O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, s e é o caso, tras o consentimento previo da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados por esta Administración poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd@depourense.es. Así mesmo, os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Segundo: Publicar o acordo de aprobación das Bases reguladoras e a convocatoria de concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, durante a tempada deportiva 2025-2026, no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web do Pazo dos Deportes, https://pazopacopaz.depourense.gal/, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Deputación de Ourense (http://www.depourense.es/index.php/es/sede-electronica-es).

Ás persoas interesadas infórmaselles de que contra a dita resolución poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos. Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte. Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil. En todo caso, poderán interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estimen procedente.

Ourense, 23 de xuño de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 1.565