I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria e bases reguladoras do procedemento especial de urxencia de dous/dúas (2) xestores/as de Administración xeral ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Inorde

Convocatoria e bases reguladoras do procedemento especial de urxencia de dous/dúas (2) xestores/as de Administración xeral ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Inorde.

Para os efectos oportunos publícase que no día da data, esta presidencia ditou o seguinte decreto:

“Unha vez vista a solicitude do xefe da Sección de Planificación, Patrimonio e Programas de Cooperación en relación as necesidades de persoal para o cumprimento do Convenio entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a Deputación de Ourense para o desenvolvemento do Centro de Innovación Territorial do 20 de marzo de 2026,

Unha vez visto o informe favorable do xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación, relativo ao cumprimento do establecido na dita ordenanza, así como ao cumprimento da normativa actual que rexe para a contratación de persoal no sector público,

Unha vez visto o informe favorable da Comisión de Control e Seguimento na súa reunión do 17 de xuño de 2026, sobre a proposta de bases reguladoras para o dito procedemento,

De conformidade co establecido na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense publicada no Boletín Oficial da Provincia do 30 de xullo de 2020, así como o establecido no artigo 20 punto cinco, apartado 1 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023,

Polo exposto, formúlase a seguinte proposta de resolución:

1.º) Aprobar a convocatoria e bases reguladoras do procedemento especial de urxencia para o nomeamento como persoal funcionario interino/contratación laboral interina por acumulación de tarefas de xestor/a de Administración xeral ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Inorde, que debe publicarse na forma regulamentaria.

“Bases reguladoras do procedemento especial de urxencia para o nomeamento como persoal funcionario interino por acumulación de tarefas/contratación laboral eventual por circunstancias da produción de xestores/as de Administración xeral ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Inorde”

1. Número e denominación da praza: (2) xestores/as de Administración xeral (asimilado ao subgrupo A2)

2. Nomeamento/contratación: funcionario interino por acumulación de tarefas (artigo 10.1.d) do EBEP) ou contratación laboral eventual por circunstancias da produción (artigo 15.2 E.T.) para o caso do Inorde

3. Duración do nomeamento: tres meses máximo.

4. Sistema de selección: o procedemento selectivo será sempre o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 8 de outubro de 2021) .

5. Perfil requirido para a contratación:

a) Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (nivel 6 do Marco Europeo de Cualificacións) en calquera rama do coñecemento.

Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase no seu día o certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

b) Posuír, o diploma ou certificado que acredite o grao de coñecemento da lingua galega, Celga 4. Só se lle concederá validez aos cursos e titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Non obstante o anterior o requisito poderase substituír pola superación dunha proba, convocada para os aspirantes admitidos, que consistirá nunha entrevista oral en idioma galego, que realizará un tribunal designado para o dito efecto pola Presidencia. O exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar o resultado de apto. O dito procedemento deberá estar resolto na fase previa á contratación.

6. Taxas pola participación no proceso selectivo:

Para a admisión ao concurso dos solicitantes, será requisito imprescindible o previo aboamento da taxa establecida na vixente Ordenanza fiscal, agás nos supostos de exención.

A tarifa fixa aplicable nesta convocatoria é a seguinte:

17 € para o subgrupo A2.

Estarán exentos de pago da taxa as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Persoas que acrediten atoparse en situación de desemprego como parados de longa duración.

As persoas que formen parte dunha familia numerosa gozarán dunha bonificación do 50 %.

Para o caso das exencións ou bonificacións deberase acreditar o cumprimento do requisito que produce o dereito.

O pago da taxa realizarase a través do modelo de autoliquidación que se inclúe na convocatoria, que ademais estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Ourense https://sede.depourense.es/ no apartado de Ofertas de emprego, no espazo habilitado para este procedemento.

7. Prazo e lugar para a presentación de instancias: 5 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e na sede electrónica da Deputación.

As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, por calquera dos seguintes medios:

De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial nas oficinas de asistencia de calquera outra administración pública, nas oficinas das representación diplomáticas ou consulares de España o unas oficinas de correos.

De forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, na dirección https://sede.depourense.es.

8. Solicitudes, contido e documentación anexa:

8.1. Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude, ademais da titulación os méritos que estimen oportuno alegar.

8..2. Os méritos deberán acreditarse a través dos seguintes medios:

- As titulacións académicas, mediante a copia auténtica do correspondente título oficial ou do xustificante de cumpri-los requisitos e ter satisfeito os dereitos para a súa expedición.

- Os cursos de formación, mediante o certificado expedido pola entidade promotora da acción formativa, onde conste a denominación do curso e o seu número de horas. A certificación deberá incluír ademais a circunstancia de ter superado a proba de avaliación establecida para a obtención do diploma ou certificación, de ser o caso.

- No caso de servizos prestados en postos da mesma unidade administrativa ou cun contido funcional semellante, mediante a certificación expedida pola administración correspondente especificando as funcións correspondentes ao posto de que se trate e para o resto de servizos prestados mediante o informe da vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mediante o orixinal dos contratos de traballo.

Non se computarán como servizos prestados os traballos realizados por conta propia baixo o réxime de cotización correspondente ao non ter necesariamente a consideración de homoxéneos respecto dos realizados a través da xornada laboral por conta allea.

No suposto en que a documentación acreditativa dos méritos obre no expediente persoal dos interesados da Deputación Provincial de Ourense, non será necesario achegala, emitindo a Deputación de Ourense de oficio os documentos correspondentes, debendo sinalarse tal circunstancia na solicitude.

8.3 Xustificante do pago da taxa

9. Órgano de selección: a selección da persoa contratada realizarase por un tribunal que estará constituído polos/as seguintes funcionarios/as da Deputación Provincial de Ourense:

- Presidente/a: Manuel Valentín Pérez Nieto (adxunto ao xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación). Suplente: M.ª de los Ángeles Cantón Álvarez (directora da Área de Asesoría Xurídica).

- Vogais titulares: M.ª Isabel Rodríguez Carrera (xefa da Sección de Subvencións), Begoña Álvarez Matos (xefa do Servizo de Intervención) e Jaime Antonio Pintos Pérez (xefe do Gabinete de Asesoría Xurídica da Deputación de Ourense)

Vogais suplentes: Montserrat Rodríguez González (adxunta á Dirección da Área de Benestar), Adamantino Barreiro García (vicesecretario xeral da Deputación de Ourense e M.ª Belén Costoya Rodríguez (letrada da Deputación de Ourense)

- Secretario: Esteban Fernández Álvarez (xefe de sección de Xestión e Selección de Persoal do Servizo de Recursos Humanos e Formación), Juan Marquina Fuentes (secretario xeral da Deputación de Ourense).

10. Proceso selectivo e baremo: unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Tribunal pasará a resolver sobre a admisibilidade a trámite das solicitudes e a valoración das admitidas, segundo o seguinte baremo e de conformidade co artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense:

a) Polos servizos prestados na mesma ou análoga categoría profesional: 0,15 puntos por mes ou fracción. Entenderase por categoría profesional análoga aquela coa que a prevista nas bases garde unha relación de identidade esencial.

O cómputo realizarase sumando o tempo total de servizos prestados expresado en días e dividíndoo por trinta, aplicándolle ao cociente resultante o coeficiente de puntuación que corresponda segundo o baremo.

b) Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionado coas funcións para desenvolver:

- Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.

- Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.

- Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso.

Os méritos que aleguen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, acreditaranse de conformidade co previsto no punto 8.2. das presentes bases, significándose que non se valorarán aqueles méritos que o tribunal considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias.

Unha vez rematada a fase de valoración, o Tribunal elevará unha proposta da bolsa de contratación á Presidencia da Deputación, que resolverá conforme a dita proposta, agás no suposto en que advirta que a dita proposta incorre en vulneración da legalidade vixente, en cuxo caso devolverá a proposta ao tribunal para a súa emenda no sentido que proceda.

11. Recursos: contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta presidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa)

ANEXO RELATIVO AO RÉXIME DE PROTECCIÓN DOS DATOS PERSOAIS ACHEGADOS COA SOLICITUDE:

Os datos persoais achegados coa correspondente solicitude incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas función de selección e xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto.

Os seus datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, diante do responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de Protección de Datos, no correo electrónico dpd@depourense.gal. En todo caso, os interesados poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.”

(Ver solicitude páx. seguinte)

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ESPECIAL DE URXENCIA PARA O NOMEAMENTO COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS/CONTRATACIÓN LABORAL EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN DE XESTORES/AS DE ADMINISTRACIÓN XERAL AO SERVIZO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E DO INORDE

ANEXO I

I. Datos do/a solicitante:

APELIDOS: __________________________________________________________________

NOME: _________________________________________DNI/NIE: ______________________

ENDEREZO: _________________________________________________________________

POBOACIÓN: _____________________________PROVINCIA: _________________________

TELÉFONO MÓBIL: ________________________ TELÉFONO: _________________________

CORREO ELECTRÓNICO: ______________________________________________________

II. Solicito a miña inclusión para participar no procedemento especial de urxencia para o nomeamento como persoal funcionario interino/contratación laboral interina por acumulación de tarefas de xestor/a de Administración xeral ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Inorde.

III. Documentación que achego:

- DNI

- Titulación

- Diploma ou certificado polo que se acredita o grao de perfeccionamento do idioma galego Celga 4

- Xustificante dos méritos alegados.

SI

Autorizo a Deputación Provincial de Ourense para que consulte ou obteña documentos acreditativos da identidade e dos requisitos establecidos na base 5 referidos á titulación, a través das plataformas de intermediación de datos coas administracións competentes ou mediante outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto.

NON

SI

AUTORIZO a Deputación Provincial de Ourense para que me sexa enviado por vía de correo electrónico ou SMS a comunicación de aviso da publicación na sede electrónica da Deputación dos diferentes actos e resolución de interese para a miña solicitude.

NON

___________, ____ de _____________ de 20____

Sinatura

Anexo relativo ao réxime de protección dos datos persoais achegados coa solicitude: Os datos persoais achegados coa presente solicitude incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas función de selección e xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os seus datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisión individuais automatizadas, diante do responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de Protección de Datos, no correo electrónico DPO@depourense.gal. En todo caso, os interesados poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.”

Ourense, 23 de xuño de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez

R. 1.541