IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE ALLARIZ

Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de Policía Local

Resolución da Alcaldía núm. 0262/2026 do 17 de xuño de 2026, do Concello de Allariz, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de Policía Local do municipio de Allariz, mediante sistema de oposición.

Logo de se aprobar por Resolución da Alcaldía núm. 0262/2026 do 17 de xuño de 2026, as bases e a convocatoria para cubrir a praza vacante de Policía Local do municipio de Allariz, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficila do Estado.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de Policía Local

Primeira. Obxecto da convocatoria

O obxecto do proceso é cubrir unha praza dos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1, con nivel complemento de destino 19.

Este proceso rexerase polo establecido nestas bases e, para o non previsto, observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, que a desenvolve; na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de Policía Local ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

Segunda. Requisito das persoas aspirantes

As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal funcionario os seguintes requisitos:

Ter a nacionalidade española.

Ter feito os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade de xubilación forzosa.

Estar en posesión do título oficial de bacharelato, técnico superior ou equivalente. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite de forma fidedigna a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario de que a persoa fose separada ou inhabilitada.

Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.

Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, de selo caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidas, que se prestará mediante declaración xurada do aspirante, achegando a mesma á instancia no momento de presentala.

Terceira. Solicitudes

3.1. Forma e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Allariz (https://allariz.sedelectronica.gal) (anexo I destas bases).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Allariz, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Cando a documentación se presente electronicamente, cada un dos documentos presentarase en un único arquivo, en formato PDF, coa denominación do documento que contén.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén na sede electrónica do Concello de Allariz e no boletín oficial da provincia de Ourense.

Idioma da primeira proba

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do primeiro exercicio se deberá entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

A participación neste proceso de selección é voluntaria, e implica que se presta consentimento para realizar as probas e os exercicios psicotécnicos, aceptando que o resultado desas probas sexa empregado como factor de valoración, de conformidade co previsto nestas bases.

Taxas

Será requisito necesario para participar nestas probas selectivas aboar a taxa correspondente polos dereitos de participación no proceso selectivo, mediante ingreso na conta corrente aberta a nome deste Concello de Allariz, atendendo ao disposto na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame, que regula un importe de corenta e cinco euros (45,00 euros).

No xustificante do devandito aboamento, que se deberá achegar coa solicitude, farase constar nome e apelidos do/a opositor/a. En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto nestas bases.

A taxa por dereitos de exame deberá aboarse necesariamente dentro do prazo de presentación de instancias, e a falta de pago no dito prazo determinará a exclusión definitiva do/a aspirante das probas selectivas.

Aqueles/as aspirantes excluídos definitivamente das listas poderán solicitar o reintegro das taxas por dereitos de exame.

Documentación complementaria

As persoas interesadas no proceso deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento a seguinte documentación:

Xustificante do pagamento da taxa.

Certificado de Celga 4 ou equivalente, sempre que non sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. As persoas que non posúan este certificado deberán realizar unha proba de coñecemento do galego.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica do Concello de Allariz, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica do Concello de Allariz.

Comprobación de datos

3.6.1. Deberase presentar a seguinte documentación:

DNI da persoa solicitante.

DNI da persoa representante.

Título oficial non universitario exixido (bacharelato, técnico ou equivalente).

Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

Permiso de conducir das Clases B e A2.

Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O impreso de autoliquidación das taxas cos xustificación de pagamento.

Declaración responsable de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas e de que non está inhabilitado ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, conforme o modelo que figura como anexo nesta convocatoria.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Notificacións

As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica do Concello de Allariz. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderase rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Publicación dos actos

Publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Relación provisional de persoas admitidas e non admitidas.

Relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas, e data e lugar de realización da primeira proba.

Na sede electrónica do Concello de Allariz publicaranse, ademais, as resolucións coas datas e lugares de realización das restantes probas selectivas, os resultados destas, a relación de persoas aprobadas e demais comunicación deste proceso.

Cuarta. Admisión de aspirantes

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Concello de Allariz publicará no BOP a resolución pola que se declaren con carácter provisional as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión, así como as persoas aspirantes exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

No caso de non existiren persoas excluídas, ou que as persoas excluídas o estean por motivos non emendables, a listaxe será considerada definitiva.

As persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no BOP, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.

Non se poderán emendar a presentación de solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto nin a falta de pago da taxa establecida. As estimacións ou desestimacións das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución do Concello de Allariz pola que se aprobe a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, así como a listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da proba de coñecementos da lingua galega, que se publicará no BOP e na sede electrónica do Concello de Allariz (taboleiro de anuncios).

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar nos proceso. Cando, da documentación que deben presentar tras superar o proceso se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Na resolución pola cal se declaren con carácter definitivo as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión, así como as persoas aspirantes exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega, indicaranse o lugar, a data e a hora da realización do primeiro exercicio.

Quinta. Desenvolvemento do proceso

O sistema de selección será o de oposición libre e constará de cinco exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte as persoas aspirantes que non acadasen a cualificación mínima establecida para cada un deles.

A oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo II desta orde, coa forma e sistema de cualificación descritos nel.

Sexta. Desenvolvemento dos exercicios do proceso

A orde de actuación das persoas aspirantes será a orde alfabética e comezará por aquelas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra “M”, consonte o establecido na Resolución do 22 de xaneiro de 2026, polo que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm.16, do 26 de xaneiro de 2026).

O tribunal, unha vez finalizado o primeiro exercicio, establecerá por orde decrecente de puntuación o número de aspirantes que deberán desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario.

As persoas aspirantes deberanse presentar a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

As persoas aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento calquera que sexa a causa que lles impida acudir, agás que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como o suposto que se describe a continuación.

Nos casos de aspirantes embarazadas, ou en período de parto ou pos parto, debidamente acreditados, poderase aprazar para as aspirantes en que concorra a dita circunstancia ata seis meses o desenvolvemento das probas físicas que lles corresponda realizar, prazo que se podería prorrogar, como máximo, outros seis meses en caso xustificado. Este aprazamento das probas físicas non afectará por si só o resto das probas.

En calquera caso, daráselles por superado o proceso a aquelas persoas aspirantes que obteñan una puntuación final que non poida ser acadada, mesmo coa obtención da máxima puntuación posible nas probas físicas aprazadas, polas aspirantes que se acollan ao dereito de aprazamento.

As mulleres embarazadas que prevexan, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente os primeiros días despois do parto, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstos no proceso, poderano pór en coñecemento do tribunal achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberase realizar dentro dos dous días seguintes ao do anuncio da data do exame e o tribunal determinará, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

En ningún caso as probas de recoñecemento médico considerarán como circunstancias negativas, para os efectos do proceso, calquera derivada da situación de embarazo e lactación. Ante a solicitude da muller que acredite encontrarse nestas circunstancias, os tribunais poderán determinar que estas probas se realicen en calquera outra fase ou momento do proceso.

Durante o tempo fixado para a realización das probas selectivas non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria; quedará prohibido o acceso ao recinto con tales dispositivos e constituirá causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza destes.

O anuncio de realización dos exercicios publicarase na sede electrónica do Concello de Allariz (taboleiro de anuncios) con dous días de antelación, polo menos, ao da data sinalada para o seu inicio.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas poden presentar, anula algunha ou algunhas preguntas incluídas na proba de coñecementos, anunciarao na sede electrónica do Concello de Allariz.

Neste suposto, e no caso que se realizasen, teranse en conta as cuestións de reserva, que terán unha puntuación igual ás do resto do exercicio.

As cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Allariz. Concederase un prazo de cinco días para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

En calquera momento do proceso, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, logo de audiencia da persoa interesada, comunicarallo ó Concello de Allariz para que este lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, suporá a súa exclusión do proceso.

A puntuación das persoas aspirantes que superen todas as probas do proceso virá determinada pola puntuación do primeiro exercicio.

Tendo en conta que nos corpos de policía local de Galicia existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

a) Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller.

b) Menor tempo rexistrado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos.

c) Menor tempo rexistrado na proba de velocidade, carreira de 50 metros lisos.

d) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

Sétima. Tribunal cualificador

O nomeamento do tribunal cualificador correspóndelle á Alcaldesa do Concello de Allariz, e estará composto por cinco persoas titulares e cinco persoas suplentes (presidente/a, tres vogais e secretario/a) pertencentes a un corpo, escala ou categoría profesional en que se requira para o seu ingreso a titulación de bacharelato, técnico ou superior, e a súa composición será paritaria segundo o establecido no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Correspóndenlle ao tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación das persoas aspirantes, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e resolución de incidencias.

Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A persoa titular da Presidencia deberalles solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorporen aos seus traballos unha declaración expresa de que non se encontran incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

A persoa titular do órgano que nomee o tribunal publicará no BOP a resolución correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

A sesión de constitución deberase realizar nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no BOP. Na devandita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia de, polo menos, tres dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas titulares da Presidencia e da Secretaría.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactarase a acta correspondente, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases e na Lei 40/2015, do 1 de outubro.

O tribunal poderá propor a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, que se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz, pero non voto.

En ningún caso poderá o tribunal aprobar nin declarar que superou o proceso un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a Alcaldesa do Concello de Allariz, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Oitava. Relación de persoas aprobadas e lista de reserva, elección de prazas, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario en prácticas

Relación de persoas aprobadas e lista de reserva

Unha vez rematado o proceso, o tribunal elaborará por orde decrecente da puntuación a lista de persoas aprobadas. O número destas persoas non poderá superar o de prazas convocadas.

Así mesmo, o órgano de selección elaborará, tamén por orde decrecente de puntuación, unha lista de reserva cun número de persoas aspirantes que será, como máximo, igual ao de persoas aprobadas. Na lista de reserva figurarán aquelas persoas aspirantes que, aínda que superaron as probas do proceso, non resultaron aprobadas por obteren unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo praza.

Ámbalas dúas listas serán publicadas na sede electrónica do Concello de Allariz (taboleiro de anuncios).

Nomeamento como persoal funcionario en prácticas

A partir do día seguinte ao da publicación da adxudicación das prazas, as persoas ás cales se lles adxudicasen disporán dun prazo de cinco días hábiles para a presentación ante o concello para os efectos que correspondan.

As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos non poderán ser nomeadas persoal funcionario en prácticas e quedarán sen efecto as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, e inmediatamente antes do comezo do curso selectivo de formación, as persoas aspirantes serán nomeadas

persoal funcionario en prácticas mediante resolución da correspondente alcaldía, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As persoas así nomeadas permanecerán na dita situación desde o comezo do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como persoa funcionaria de carreira ou a súa exclusión do proceso.

O curso selectivo de formación será convocado a través de resolución da Dirección Xeral da AGASP, na cal se indicará a data de inicio.

En caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida ou concorrencia de calquera outra causa que impida o nomeamento dunha persoa aspirante como persoal funcionario en prácticas ou prive de eficacia o nomeamento xa realizado, o concello comunicaralle esta circunstancia á Dirección Xeral da AGASP, que substituirá a persoa afectada pola primeira que figure na lista de reserva, sempre con anterioridade ao desenvolvemento do correspondente curso selectivo de formación.

Curso selectivo de formación.

As persoas aspirantes aprobadas deberán superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na AGASP como requisito indispensable para acceder á condición de persoal funcionario de carreira na categoría de policía, escala básica, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 4/2007, do 20 de abril, e nos artigos 51 a 55 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro.

No caso da non incorporación ao curso ou de abandono deste sen rematalo, salvo por causas excepcionais, considerarase que a persoa aspirante non superou o proceso.

O alumnado que non supere o curso teórico-práctico na AGASP, incluídas as probas de carácter extraordinario, perderá todos os dereitos acadados no proceso.

Aos funcionarios e funcionarias en prácticas seralles de aplicación o Regulamento de réxime interior da AGASP durante o seu curso de formación e o período de prácticas, e con carácter supletorio, cando os feitos non constitúan falta no dito regulamento, seranlles de aplicación as normas do réxime disciplinario da Policía Local de Galicia recollidas na Lei 4/2007, do 20 de abril, e normativa de desenvolvemento.

A cualificación do curso de formación e do período de prácticas quedará en suspenso ante a concorrencia sobrevida de calquera causa de exclusión ata que se resolva o expediente que se incoe.

Novena. Procedementos penais ou administrativos pendentes

Cando as persoas que participan no proceso teñan aberto ou se lles abra con posterioridade un procedemento penal ou administrativo que poida rematar cunha condena por delito doloso, coa separación do servizo das administracións públicas ou a inhabilitación para o exercicio das funcións públicas, a admisión ao proceso, a permanencia nel, así como o seu acceso ao corpo de Policía Local quedarán condicionados ao feito de que nos citados procedementos non se produza a condena ou separación referida.

O persoal participante, no suposto de encontrarse nas situacións descritas no parágrafo anterior, debe comunicar tal situación, e o Concello de Allariz poderá solicitar en calquera momento do proceso unha declaración xurada de non encontrarse nas ditas situacións.

Décima. Medios de publicidade desta convocatoria

10.1. As bases desta convocatoria publicaranse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Ademais, publicarase un anuncio no Diario Oficial de Galicia e outro no Boletín Oficial do Estado, anuncio este último que abrirá o prazo de presentación de solicitudes.

10.2. As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e o nomeamento e/ou modificación da composición do órgano de selección publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

10.3. Os anuncios de órgano de selección publicaranse na páxina web do Concello, no apartado de taboleiro de anuncios na Sede Electrónica.

Undécima. Recursos

Contra a resolución que aproba estas bases, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado de Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria (artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa) ou ben, previamente e con carácter potestativo un recurso de reposición ante órgano autor da disposición impugnada, no prazo dun mes (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, procedemento administrativo común das administración públicas), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercitar, no seu caso, calquera outro que estimen procedente.

Allariz, na data da sinatura electrónica.

(Ver anexo páx. seguinte).

ANEXO I

MODELO NORMALIZADO DE INSTANCIA

MODELO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DE POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE ALLARIZ

“Alcaldesa do Concello de Allariz

D./D.ª______________________________, de ________ anos, con DNI__________________ e domicilio en ___________________________, n.º ______, piso ______ C.P. ________________, da localidade _______________________________________, con teléfono __________________, e correo electrónico_________________________________

EXPOÑO:

I. Que desexo participar na CONVOCATORIA E PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DA PRAZA CON DENOMINACIÓN:

II. Que declaro, baixo a miña responsabilidade, reunir todos os requisitos esixidos para poder participar do antedito proceso selectivo (referidos á data de finalización do prazo sinalado para a presentación desta solicitude), segundo o previsto nas súas bases reguladoras, que coñezo e acepto; declarando, asemade, a veracidade do que aquí expoño, así como dos datos que figuran nesta instancia, comprométome a xustificalo documentalmente cando así sexa requirido, e nos termos do disposto nas propias bases reguladoras.

Polo exposto, SOLICITO:

Ser admitido/a no dito proceso selectivo; achegando, para estes efectos, e conforme ao disposto na bases reguladoras do mesmo, a seguinte documentación (marcar o que proceda):

DNI da persoa solicitante.

DNI da persoa representante.

Título oficial exixido (bacharelato, técnico ou equivalente).

Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

Permiso de conducir das Clases B e A2.

Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O impreso de autoliquidación da taxa coa xustificación de pagamento.

Declaración responsable de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas e de que non está inhabilitado ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, conforme o modelo que figura coma anexo nesta convocatoria.

- Idioma do exame da primeira proba (Sinalar cun X)

Galego

Castelán

Allariz, _____________ de _________________________ de 202___

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE ALLARIZ, con dirección en PRAZA MAIOR, Nº 1, 32660 ALLARIZ (OURENSE); concello@allariz.gal.

Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal.

Os datos de nome e apelidos, e cualificación parcial ou final poderán ser expostos para dar publicidade ao proceso de concurso no taboleiro de anuncios e páxina web do Concello de Allariz de acordo coa normativa vixente.

O tratamento dos seus datos está lexitimado polo cumprimento dunha obriga legal e/ou polo consentimento que nos outorga coa firma da circular “Información Avanzada sobre Protección de Datos”. O envío de información comercial e uso de fotografías/vídeos, está lexitimado polo seu consentimento expreso.

Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, CONCELLO DE ALLARIZ dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade

ANEXO II

Exercicios

Primeiro exercicio: proba de avaliación dos coñecementos

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal e deberán amosar o dominio dos contidos do temario que figura como anexo III destas bases.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do temario que no momento de publicación no BOP desta convocatoria conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior. Esta mesma data terase en conta igualmente para todos aqueles datos do temario que se poidan valorar.

As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que esta proba sexa corrixida sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e que estas, sempre que sexa posible tecnicamente, poidan levarse unha copia coas respostas efectuadas.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberanse adoptar sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

A proba será cualificada polo tribunal de cero a dez puntos e será preciso acadar cinco puntos como mínimo. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula:

N=(A-F/3)/10

Onde N= nota final da proba; A=cuestións acertadas; F=cuestións erróneas ou non contestadas.

Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización da proba, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nestas bases.

Segundo exercicio: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega

Realizarase a continuación da proba de coñecementos, e consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego e doutro texto do galego para o castelán. Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de realizarse a proba.

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a.

As persoas aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), estarán exentas da realización desta proba.

Terceiro exercicio: probas de aptitude física

Este terceiro exercicio consistirá na realización de todas as probas físicas que se indican a continuación.

Probas físicas

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas 1.1, 1.4 e 1.5, e acadar ou superar os mínimos das probas 1.2. e 1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

As persoas aspirantes entregaranlle ao tribunal un informe médico en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

Este informe médico deberá ser expedido dentro dos quince (15) días inmediatamente anteriores ao da data de realización da primeira proba de aptitude física.

Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación, que se poderán facer de forma colectiva se así o considera o tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución; no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto/a.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberase realizar en lugares axeitados ao tipo de proba que se vai executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor/a.

Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos

Realizarase nunha pista de atletismo ou en calquera zona totalmente cha de terreo compacto.

A persoa aspirante colocarase na pista no lugar sinalado e poderá realizar a saída de pé ou agachada, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 7.40”

Mulleres: 8.20”

Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

Flexións de brazos

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por riba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas, e efectuaranse de forma continuada.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.

Suspensión en barra

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

O exercicio consiste en permanecer, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, presa coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por riba da barra e sen ter contacto con ela.

O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

A persoa aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura (realizarase o salto desde a posición de parado). Realizará un salto horizontal e caerá cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:

Homes: 210 cm

Mulleres: 185 cm

1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente cha de terreo compacto.

A persoa aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3’30”

Mulleres: 4’10”

1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

A persoa aspirante poderase colocar para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, e neste último caso deberá permanecer en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, as persoas aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 0’24”

Mulleres: 0’28”

A non superación de calquera das probas na forma indicada dará lugar á eliminación da persoa aspirante.

As persoas aspirantes deberanse presentar á realización das probas coa roupa e co calzado que consideren adecuados e cun informe médico expedido dentro dos quince(15) días inmediatamente anteriores ao da data de realización da primeira proba deste exercicio. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso.

Para a proba de natación, as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que achegarán as mesmas) e do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.

Cuarto exercicio: probas psicotécnicas

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais das persoas aspirantes e a súa adecuación ás función policiais que deberán desempeñar, e comprobarán que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Terán que ser efectuadas e valoradas por persoal especialista e cualificaranse como apto/a ou non apto/a. Para superalas será necesario obter o resultado de apto/a no conxunto das probas realizadas.

Proba de intelixencia

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou algúns dos seguintes factores: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

Probas de personalidade

As probas orientaranse á avaliación dos trazos de personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social das persoas aspirantes. Así mesmo, deberase descartar a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou de personalidade. Entre outros, exploraranse os seguintes aspectos: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control adecuado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación ás normas, capacidade de afrontar o estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas dúas probas anteriores serán contrastados mediante unha proba individual que consistirá na contestación a un cuestionario formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico das persoas aspirantes.

Á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse ademais os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos, e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

Quinto exercicio: recoñecemento médico

O recoñecemento médico será efectuado por persoal facultativo e o seu fin é garantir que as persoas aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das función policiais propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a.

Para os efectos da exclusión da persoa aspirante, terase en conta o seguinte:

Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9, considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico o sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das función policiais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes; en todo caso, coa publicación da data e do lugar desta proba o tribunal publicará o cadro de exclusións médicas que se vai aplicar.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

ANEXO III

Temario

O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos.

Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e o funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da policía local.

Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infracción se sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

Homicidio e as súas formas. Delitos leves contra as persoas. Delitos e delitos leves contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

Delitos contra a seguridade viaria. Delitos leves cometidos con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de hábeas corpus.

Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade.

Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipamentos de traballo e atención á cidadanía.

Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse en o Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (http://allariz.sedelectronica.gal).

Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a alcaldesa deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Documento asinado electrónicamente pola alcaldesa, na data da sinatura electrónica.

R. 1.468