IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Convocatoria e bases para a constitución dunha bolsa de traballo de traballador/a social

Convocatoria e bases para a constitución dunha bolsa de traballo de traballador/a social do Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia pretende constituír unha bolsa de traballo de persoal laboral temporal para cubrir as ausencias do/a traballador/a social municipal que se poidan producir por diferentes causas, motivo polo que por Decreto da Alcaldía do 18/06/2026 aprobáronse as bases específicas que regularán o dito procedemento, convocouse este e nomeáronse os membros integrantes da Comisión de Selección, outorgándolle un prazo de vinte días naturais para a presentación de solicitudes a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, sendo o contido literal da parte dispositiva do referido decreto o seguinte:

“1) Aprobar as “Bases específicas para a selección e creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia, en relación á seguinte praza/posto: traballador/a social” consonte á redacción seguinte:

“Bases específicas para a selección e creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal do Concello de Xinzo de Limia, en relación á seguinte praza/posto:

Traballador/a social

Categoría: B21

Primeiro. Obxecto das bases

Unha vez aprobadas definitivamente as bases xerais para a constitución de bolsas de contratación que permitan cubrir de forma áxil os períodos de vacacións, baixas, permisos e licenzas dos/as traballadores/as e vacantes mediante contratos de substitución e eventuais por circunstancias da produción, consonte as retribucións e características contractuais recollidas no Convenio Colectivo do Concello de Xinzo de Limia (BOP número 152, do 11 de agosto de 2025) foron elaboradas e aprobadas por Decreto da Alcaldía do 18/06/2026 as presentes bases específicas para a cobertura do posto de traballador/a social.

Segundo. Lexislación aplicable

A lexislación aplicable ven determinada por:

— A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

— Os artigos 231 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

— Os artigos 21.1.g), 91, 103 e 104 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

— O texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

— A Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública.

— Os artigos 177 e seguintes do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

— A disposición adicional segunda do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local.

— O texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

— O Convenio Colectivo aprobado polo Concello, incluídas as bases de selección de persoal laboral temporal publicadas no BOP núm. 83, do 10 de abril de 2006, as cales continuarán vixentes en todo o que non contradiga as presentes bases. Neste eido sinalar que o Concello ven realizando procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal utilizando as bases de selección aprobadas previa negociación sindical e que forman parte do Convenio colectivo vixente segundo se recolle na publicación das mesmas no BOP número 83, do 10 de abril de 2006, se ben foi preciso actualizar estas bases consonte ao TREBEP. A aplicación destas bases, previa actualización consonte ao TREBEP, é unha cuestión pacífica en materia sindical nos últimos anos. Se ben ata o momento as devanditas bases se empregaron, salvo algunha excepción, para realizar procesos selectivos puntuais, en realidade as devanditas bases tiñan como fin a creación de bolsas de emprego, sendo polo tanto, a constitución da bolsa de emprego que a Alcaldía pretende levar a cabo máis consonte coa finalidade das bases e a negociación levada a cabo no seu día que os anteriores procesos selectivos xa realizados. Tras finalizar os procesos de estabilización de emprego, e estando prevista a aprobación dunha RPT no ano 2025, procede regular de forma exhaustiva todo o relativo á materia de persoal especialmente no que se refire á selección temporal, polo cal, non se considera axeitado proceder a mera continuidade da normativa anterior como ata o momento se fixo en materia de procesos selectivos, propondo a teor da xurisprudencia recente que se teñan en conta como mérito unicamente a experiencia e a formación para tratar de dar mellor cumprimento ós principios de igualdade, mérito e capacidade.

-“Bases xerais para a selección e creación de bolsas de emprego de persoal laboral temporal”, (BOP número 152, do 11 de agosto do 2025)

Terceiro. Requisitos de admisión

a) Ter a nacionalidade española, ou de Estado Comunitario, ou ser cónxuxe de español ou de nacional de Estado Comunitario, ou ser estranxeiro con residencia legal en España.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Acreditación obrigatoria requirida: certificado médico.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ser sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado o inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público. Acreditación obrigatoria requirida: declaración de veracidade.

e) Titulación:

e.1) Estar en posesión do título universitario oficial en Traballo Social ou grao correspondente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

e.2) Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do Título Celga 4 ou equivalente homologado segundo o disposto na Orde 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega. Se non se acreditase este requisito poderase acceder ao proceso selectivo pero será necesario superar a realización dunha proba de lingua galega que terá carácter eliminatorio. Os aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba oral que garanta a capacidade de comunicación en galego coa cidadanía a cal en ningún caso computará como mérito e realizarase para os efectos de garantir o dereito de participar no proceso selectivo para aquelas persoas que non posuíran o título acreditativo de galego con anterioridade á convocatoria. Para tales efectos, estas persoas deberán sinalar na súa solicitude de participación no proceso selectivo esta circunstancia.

f) Outros requisitos: Debe acreditarse a carencia de delitos de natureza sexual presentando o Certificado de delitos de natureza sexual.

Cuarto. Méritos e baremación

I. Puntuación da experiencia profesional

a) Por cada mes de servizos prestados nas administracións públicas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría.

0,15 puntos/mes

(Acreditación: Informe de Vida Laboral e Certificado de servizos prestados para esa Administración ou contratos cotexados)

b) Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría.

0,10 puntos/mes

(Acreditación: Informe de Vida Laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).

A suma da puntuación dos apartados de experiencia profesional non poderá exceder de 12,00 puntos.

Notas aclaratorias:

Nota A. Cando se esixa experiencia profesional mínima como requisito de admisión, puntuarase a experiencia que exceda do requisito recollido na base que corresponda.

Nota B. A experiencia como autónomo/a relacionada co posto será valorada cando se acredite debidamente (vida laboral e alta IAE, e ademais, deberá achegarse ben algún contrato mercantil, ben contrato administrativo, ben facturación como autónomo do último ano).

Nota C. En caso de xornada parcial serán valorados os servizos efectivamente prestados.

II. Puntuación dos méritos académicos:

a) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracións Públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para Formación ou sindicatos e relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta:

Máximo 3 puntos.

De 10 a 40 horas: 0,10 puntos por curso

De 41 a 100 horas: 0,20 puntos por curso

De 101 a 300 horas: 0,40 puntos por curso

De 301 a 500 horas: 0,60 puntos por curso

De 501 en adiante: 1,00 punto por curso.

(Acreditación: copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizado curso, na que conste o número de horas de formación realizada)

- nota aclaratoria: os títulos de licenciatura, grao, mestrado, doutorado ou formación profesional relacionadas coas funcións propias da categoría á que se opta serán valorados cun punto por título.

b) Polo coñecemento acreditado do idioma galego superior ao esixido en cada caso como requisito de admisión (só se valorará o grado superior alegado):

Celga 5 ou equivalente: 1,00 punto

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, aos cursos e titulacións homologadas pola Xunta de Galicia. Só se puntuará o curso de maior titulación.

Desempate: No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes, no caso de infrarrepresentación do sexo feminino na escala correspondente será de aplicación para dirimilo o establecido no artigo 153 da “Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.”

“Artigo 153. Actuacións especiais en casos de infrarrepresentación

1. Cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, na oferta de emprego público establecerase que, se existiran méritos iguais entre dous ou máis persoas candidatas, serán admitidas as mulleres.

2. Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes.”

Se inda así persistira o empate acudirase para dirimilo á maior experiencia profesional.

Para o caso de que aínda persistira o empate, será elixido o aspirante cuxo primeiro apelido comece pola letra máis próxima, en orde alfabética, á letra que se determine por sorteo da Xunta de Galicia en cumprimento do artigo 9 do Regulamento de selección de persoal de la Administración de la Comunidade Autónoma de Galicia. Atenderase ao sorteo inmediatamente anterior ao inicio do procedemento selectivo para a constitución da bolsa de emprego. Por exemplo, se a letra elixida no sorteo fora a “y” a orde será a seguinte: y, z, a, b ....

Nota informativa en relación á presentación de documentación: as/os interesadas/os que se consideren non obrigados/as á presentación de documentación acreditativa de méritos por tela presentado en anteriores procesos selectivos en base o artigo 53 da Lei 39/2015, deben polo menos alegar dalgún xeito os ditos méritos concretando cales son. Neste sendo, os/as interesadas/os que amparándose no artigo 53 da Lei 39/1995, non acheguen a documentación por constar esta documentación no concello, deben optar por algunha destas opcións:

- deben alegar de forma concreta o mérito cuxa acreditación consta no concello, non sendo válido indicar xenericamente que os méritos constan no concello, sen indicar tan sequera cales son.

- se o que pretenden é remitirse a un anterior proceso selectivo para a xustificación méritos, deben como mínimo indicar a que proceso selectivo se remiten (indicar decreto de convocatoria).

Quinto. Procedemento a seguir para a constitución dunha bolsa de emprego

O procedemento a seguir é practicamente idéntico ao establecido nas bases recollidas no BOP n.º 83, do 10 de abril de 2006, da provincia de Ourense, cunhas mínimas adecuacións procedimentais para permitir a emenda de méritos e requisitos aos e ás aspirantes. Exponse a continuación.

1). Convocatoria do proceso selectivo de elaboración de lista para a cobertura e provisión de postos de traballo temporais do Concello de Xinzo de Limia

I. Convocatoria: A Alcaldía do Concello de Xinzo de Limia, publicará o acordo de convocatoria o e bases do proceso selectivo de elaboración das listas de aspirantes para a provisión de postos de traballo temporais no Concello de Xinzo de Limia así como nomeamento dos membros da Comisión de Selección, mediante un anuncio no BOP da provincia Ourense que incluirá o contido íntegro das bases. Tamén se publicará un anuncio en referencia a esta convocatoria en dous medios de comunicación da provincia.

II. Solicitudes: Os/as interesados/as poderán presentar solicitude/s para ser incluídos na lista.

As solicitudes que se presenten dirixiranse á Alcaldía do Concello de Xinzo de Limia (Concello de Xinzo de Limia. Rúa Curros Enríquez, n.º 15), quen posteriormente dará traslado destas á comisión de selección. Asemade, o formulario de solicitude axustarase ao modelo que se inclúe nesta normativa- convocatoria (anexos I e II).

III. Prazos e modos de presentación: O prazo para a presentación de solicitudes dos/as aspirantes a formar parte das listas, comezará a contar o día natural seguinte ao da publicación desta normativa no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e estenderase durante 20 días naturais.

IV. Lugares de presentación de solicitudes

Rexistro Xeral do Concello ou lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2) Proceso de elaboración da lista de aspirantes a desempregar postos con carácter temporal. Constitución da bolsa de emprego

En primeiro lugar, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos de selección polos/as aspirantes, e realizada a proba oral de coñecemento do idioma galego para aqueles/as non acrediten o coñecemento deste lingua documentalmente, elaborarase pola comisión de selección unha listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos, outorgando un prazo de tres días hábiles para a emenda de requisitos de participación así como para a realización de alegacións. Esta listaxe provisional de admitidos e excluídos será aprobada pola Alcaldía e publicada no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal. Unha vez vencido o prazo de emenda de solicitudes e presentación de alegacións, publicarase a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as aprobada pola Alcaldía no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello. Esta listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as pode ser obxecto de recurso de reposición e contencioso administrativo.

A continuación a Comisión de selección procederá a baremación dos méritos dos/as aspirantes admitidos/as. En caso de que algún aspirante alegue un mérito e non o acredite documentalmente, outorgárase un prazo de emenda de tres días hábiles para emendar os méritos pola comisión. A comisión publicará a listaxe de méritos a emendar por aspirante no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello. Unha vez transcorrido o prazo de emenda de tres días hábiles realizarase a baremación dos méritos elaborando as listas provisionais baremadas de aspirantes admitidos. Unha vez elaborada pola Comisión de Selección a proposta de lista provisional baremadas de aspirantes admitidos/as, recollendo a prelación de aspirantes por orde de puntuación, a Alcaldía aprobará a mesma e publicarase no BOP, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Xinzo de Limia e na sede electrónica, con indicación do prazo de reclamacións que será de 10 días naturais. Asemade publicarase en dous medios de comunicación de ámbito provincial unha somera referencia a esta listaxe indicando onde se pode consultar.

Resoltas as reclamacións pola Comisión de Selección o Concello de Xinzo de Limia, a Alcaldía aprobará en base proposta da comisión a listaxe definitiva de aspirantes coa correspondente prelación e baremación e a publicará no taboleiro de anuncios, na sede electrónica e no BOP. Asemade, publicarase en dous medios de comunicación de ámbito provincial unha somera referencia a esta listaxe indicando onde se pode consultar. Contra a aprobación pola Alcaldía das listas definitivas poderase interpor un recurso de reposición ou contencioso administrativo.

As listaxes de aspirantes, debidamente actualizadas, estarán publicadas na páxina web do Concello incluíndo o DNI de acordo coa Lei de protección de datos, durante todo o período de vixencia da bolsa.

Sexto. Provisión de postos unha vez vixente a bolsa de emprego

Unha vez elaborada a lista de aspirantes consonte ao anterior punto, poderase cubrir, no momento en que se precise, os postos de traballo que poidan precisarse como consecuencia de incapacidades temporais, vacacións, excedencias, permisos, consonte a continuación se indica:

Oferta de posto/s de traballo e chamamento: Cando o Concello de Xinzo de Limia decida facer contratacións laborais temporais deberá acudir á lista definitiva procedendo ao chamamento, por orde numérica decrecente, con inicio naqueles/as aspirantes que obtivesen a maior puntuación da baremación realizada.

Daquela, en primeiro lugar será chamado o/a aspirante situado/a no posto n.º 1 da lista, por ser o de maior puntuación e así, sucesivamente, de xeito decrecente, iranse realizando o resto dos chamamentos, de acordo coa maior puntuación obtida polos/as aspirantes a ser contratados/as, ata rematar as necesidades de contratación e/ou a lista.

Notificación dos chamamentos

O Concello notificará os chamamentos en primeiro lugar telefonicamente. De non obterse resposta telefónica, notificarse o chamamento por medio de burofax con certificado de contido. De non obterse resposta ao burofax no prazo de 48 horas hábiles, chamarse o seguinte da lista e o aspirante decaerá no seu posto ata o final da lista.

Dereito a manter o número na lista, desistencia ou renuncia, falta de resposta.

a) Dereito a manter o número na lista mentres non se xunten 12 meses de traballo: O/a aspirante contratado terá dereito a manter o número do posto que ocupe na lista mentres non acumule doce meses de traballo (sexan en períodos continuos ou alternos). A partir da acumulación dos citados 12 meses de traballo rematado o último contrato do traballador/a, este pasará ao fin da lista, podendo ser chamado/a novamente cando remate a rotación da bolsa.

b) Desistencia ou renuncia a un contrato: O/a aspirante que renuncie a un contrato sen causa xustificada unha vez seleccionado para formalizalo ou unha vez fose formalizado pasará ao fin da lista. Consideraranse causas xustificadas de renuncia as seguintes:

— Estar en situación de ocupado/a.

— Estar en situación de suspensión por accidente, baixa por enfermidade, intervención cirúrxica, internamento hospitalario, maternidade, embarazo de alto risco e situación de risco ou necesidade acreditada por facultativo que esixa a lactación natural de menores de nove meses.

A acreditación documentada da finalización de tal circunstancia dará lugar á reposición no mesmo lugar da orde de lista nas bolsas de traballo en que se atopará a persoa afectada.

— Outras causas de forza maior debidamente xustificadas.

c) Chamamento ao traballo sen resposta: O/a aspirante que, chamado a ser contratado, non responda no prazo de 48 horas, decaerá no seu posto ata o final da lista.

Sétima. Vixencia da bolsa de contratación

A bolsa de contratación que se constitúa consonte este proceso estará vixente durante dous anos. En caso de que durante o período de vixencia da bolsa se esgotase a listaxe de persoas incluídas nela por non querer incorporarse ao traballo ningún aspirante, constituírase unha nova bolsa.

2) Nomear os seguintes membros da Comisión de Selección:

Presidenta: Begoña López Castillo, traballadora social. Substituta: Ana López Castillo, coordinadora SAF.

Primeira vogal: Elena Rodríguez Feijoó, traballadora social. Substituta: Antonia García Graña, técnica de Servizos Sociais Graduada Social.

Segundo vogal: José Luis Saburido Novoa, psicólogo CIM. Substituto: José Losada Enríquez, mestre-educador.

Terceiro vogal: Gonzalo Opazo Marra, psicólogo. Substituto: José Francisco Arias Cuesta, técnico de Urbanismo.

Secretaria: Marta María Gómez Ruiz, secretaria do Concello. Substituta: Rosa Mª Ferreiro Campelo, técnica de Secretaría.

3) Convocar o presente procedemento de constitución dunha bolsa de traballo para cubrir as ausencias do/a traballador/a social que se poidan producir por diferentes causas, que se publicará a través da publicación das presentes bases no BOP de Ourense, outorgándose un prazo de vinte días naturais para a presentación de solicitudes contados desde o día seguinte á publicación destas bases no BOP.

4) Ordenar que se publique o anuncio facendo referencia a esta convocatoria nos diarios La Región e La Voz de Galicia, así como no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na Sede Electrónica do Concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxina Web do Concello:

(www.xinzodelimia.es)”

Documento asinado electronicamente.

O alcalde. Asdo.: Amador Díaz Penín.

R. 1.457