IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BOLO

Convocatoria do proceso de selección de persoal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais: un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais

Convocatoria do proceso de selección de persoal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello do Bolo ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o ano 2026.

Expediente: 360/2026

Por Decreto da Alcaldía numero 2026-0236, do 18.06.2026, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación, con carácter laboral temporal, de persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello do Bolo ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o ano 2026.

As prazas obxecto da convocatoria son as seguintes:

Un/unha xefe/a de brigada.

Un/unha peón/peoa condutor/a.

Tres peóns/peoas forestais.

O sistema de selección será o de concurso-oposición, de conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria.

As bases íntegras estarán publicadas na sede electrónica do Concello do Bolo e no taboleiro de anuncios municipal, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense para os efectos do coñecemento xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Bolo, na sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos termos previstos nas bases da convocatoria.

Isto publícase para o coñecemento xeral.

O Bolo, na data da sinatura electrónica. O alcalde.

R. 1.453