IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

Convocatoria do procedemento para a selección de 1 beneficiario/a para alugar 1 vivenda de titularidade municipal no lugar de Candás

Obxecto

Convocatoria do procedemento para a selección de 1 beneficiario/a para alugar 1 vivenda de titularidade municipal no lugar de Candás.

Normativa

Ordenanza reguladora do acceso ao alugueiro das vivendas de titularidade municipal do Concello de Rairiz de Veiga (BOP nº 235, do 11/10/2012, e nº 93, do 25/04/2015).

Condicións

Prezo: 100,00 € mensuais, incrementándose anualmente segundo o IPC. Duración: 3 anos non prorrogables.

Requisitos

Ser maior de idade ou menor emancipado.

Ter nacionalidade española, ser cidadán dun estado membro da Unión Europea ou, en caso de ser estranxeiro non comunitario, contar con permiso de residencia vixente todos os membros da unidade familiar.

Carecer, ou ter perdido o uso de vivenda en calidade de propietario, arrendatario ou calquera outro título en dereito que permita o seu uso e gozo.

Estar ó corrente no pago de todas as obrigas tributarias co Concello de Rairiz de Veiga.

Todos os requisitos anteriores deberán cumprirse no momento de rematar o prazo para presentar solicitudes.

Criterios de selección

Os establecidos na ordenanza reguladora.

Solicitudes

Prazo: 15 días naturais dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP.

Lugar: rexistro xeneral do Concello e rexistros indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Modelo: dispoñible nas oficinas municipais, (988 465 552 / concello.rairizdeveiga@eidolocal.es).

E na sede electrónica do concello http://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0

Documentación

Fotocopia DNI do solicitante e de cada membro da unidade familiar ou de convivencia e, de ser o caso, do libro de familia.

Certificado de ámbito nacional emitido polo rexistro da propiedade de que ningún membro da unidade familiar ou de convivencia é titular de dominio ou dun dereito real de uso ou goce sobre unha vivenda.

Fotocopia da declaración do IRPF de todos os membros da unidade de convivencia do ano 2024 e, no caso de non recibir ningún tipo ingreso, xustificante do INEM e do INSS de non percibir ningunha prestación.

De ser o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou da sentencia na que se acredite que o solicitante non ten o uso da vivenda familiar.

De ser o caso, certificado acreditativo da minusvalía alegada.

Rairiz de Veiga, 16 de xuño de 2026. A alcaldesa.

Asdo.: Josefa Asunción Morgade Rúa.

R. 1.422