IV. ENTIDADES LOCAIS

CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES DE OURENSE

Extracto do acordo da convocatoria pública de subvencións en materia deportiva do ano 2026 do Consello Municipal de Deportes de Ourense (Exp. 348/2026)

Extracto do acordo da convocatoria pública de subvencións en materia deportiva do ano 2026 do Consello Municipal de Deportes de Ourense (Exp. 348/2026)

BDNS (Identif.): 912446

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912446)

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias as entidades que se sinalan e que cumpran os requisitos que se indican para cada unha das liñas:

Liña 1

1. As federacións deportivas.

2. Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais antes da data de publicación do extracto da convocatoria anual de subvencións no BOP.

Liña 2

1. Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais antes da data de publicación do extracto da convocatoria anual de subvencións no BOP.

Liña 3

1. Clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais antes da data de publicación do extracto da convocatoria anual de subvencións no BOP.

2. Participar con equipos de categoría absoluta ou sénior durante a tempada deportiva que corresponda ao ano da convocatoria, en competicións de máxima división, organizadas ou recoñecidas pola federación española ou internacional correspondente. Exclúense máximas divisións estatais de tipo profesionais. A tipoloxía de competicións concrétase na base cuarta das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a concesión de subvencións en materia deportiva para o exercicio 2026 con cargo ao Orzamento do Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas seguintes liñas:

Liña 1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026.

Liña 2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2025-2026.

Liña 3. Apoio aos clubs deportivos de elite que participen en competicións oficiais de máxima categoría nacional de deporte non profesional para a tempada 2025-2026.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e estarán á disposición dos interesados na sede electrónica do Consello Municipal de Deportes e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Cuarto. Contía

A concesión das subvencións obxecto desta convocatoria será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 3410.48010 do Orzamento prorrogado do CMD para o exercicio económico 2026, nos seguintes importes:

Liña 1: cen mil euros (100.000,00 €)

Liña 2: trescentos oitenta mil euros (380.000,00 €)

Liña 3: cento sesenta mil euros (160.000,00 €)

Estes importes poderán ser ampliados no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución, sen que esta circunstancia dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse á Presidencia do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática conforme aos modelos ou anexos recollidos nas bases reguladoras a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes no enderezo https://deportesourense.sedelectronica.gal, de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Conforme ao devandito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da Sede electrónica.

Os prazos de presentación das solicitudes son os seguintes:

Liña 1: dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense ata o 2 de novembro de 2026.

Liñas 2 e 3: 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Ourense, 12 de xuño de 2026. O presidente.

Asdo.: Anibal Pereira Novoa.

R. 1.401