IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

Convocatoria e bases reguladoras para a selección e contratación laboral temporal de dous (2) peóns/peoas forestais, mediante o sistema de concurso-oposición, para o reforzo dos servizos municipais vinculados á organización da Romaría da Saínza 2026

Por Resolución da Alcaldía do 12 de xuño de 2026 aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a selección e contratación laboral temporal de dous (2) peóns/peoas forestais, mediante o sistema de concurso-oposición, para o reforzo dos servizos municipais vinculados á organización da Romaría da Saínza 2026.

As contratacións realizaranse a xornada completa, cunha duración de tres (3) meses, durante o período comprendido entre o 15 de xullo e o 14 de outubro de 2026.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Rairiz de Veiga ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica municipal.

As bases íntegras da convocatoria atópanse publicadas no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello de Rairiz de Veiga.

A alcaldesa. Asdo.: Josefa Asunción Morgade Rúa.

R. 1.397