IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal por circunstancias da produción para o seguinte posto de traballo: un/a condutor/a do tractor-rozadoira

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal por circunstancias da produción para o seguinte posto de traballo:

Proceso de selección mediante concurso de méritos para a contratación laboral temporal, por circunstancias da produción, polo Concello do Castro de Caldelas, dun/unha traballador/a para o posto de condutor/a do tractor-rozadoira e outra maquinaria similar.

1. Denominación da praza: condutor/a do tractor-rozadoira.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por circunstancias da produción. Xornada completa.

3. Duración do contrato: 6 meses.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense

6. Exposición das bases: o texto completo publicarase no taboleiro electrónico de anuncios do Concello, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal.

O Castro de Caldelas, na data da sinatura electrónica. A alcaldesa.

Asdo.: Sara Inés Vega Núñez.

R. 1.390