IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CELANOVA

Convocatoria do proceso selectivo e das bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal de dúas brigadas de incendios, integradas cada unha por 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais

Convocatoria do proceso selectivo e das bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal de dúas brigadas de incendios do Concello de Celanova, integradas cada unha por 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais (en total 10 persoas).

Por Resolución da Alcaldía número 2026-1503, do 2 de xuño de 2026, aprobáronse as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria e posterior contratación laboral temporal de dúas brigadas forestais ao abeiro do convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Celanova para realizar accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico de Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027, polo sistema de concurso-oposición.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro de entrada de documentos do Concello de 9.00 a 13.00 horas ou ben, mediante o procedemento e lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco (5.-) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As bases íntegras da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova e na sede electrónica do Concello de Celanova na seguinte dirección de URL: http://celanova.sedelectronica.es/info.0.

Celanova, 2 de xuño de 2026. O alcalde.

Asdo.: Antonio Puga Rodríguez.

R. 1.282