IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DA VEIGA

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun posto de persoal técnico de inclusión laboral e transición ao emprego

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun posto de persoal técnico de inclusión laboral e transición ao emprego

Mediante Resolución da Alcaldía do Concello da Veiga do 28 de maio de 2026, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, para a contratación laboral temporal dun posto de persoal técnico de apoio á inclusión laboral, para a execución da actuación “Persoas sen fogar – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego: Programa dirixido a persoas sen fogar IIB”, subvencionada no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

1. Postos ofertados: 1 posto de persoal técnico de inclusión laboral e transición ao emprego

2. Modalidade de contratación: laboral temporal, vinculado á execución do Programa de Persoas sen Fogar IIB – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego, financiado polo FSE+

3. Xornada: completa

4. Duración: ata a finalización da actuación subvencionada (30/04/2027)

5. Sistema de selección: concurso de méritos

6. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (Praza do Concello, nº 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal.

A Veiga, 28 de maio de 2026. O alcalde.

Asdo.: Juan Anta Rodríguez.

R. 1.252