IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE MANZANEDA

Convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa-condutor/a e 3 peóns/peoas

Convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa-condutor/a e 3 peóns/peoas

Convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa-condutor/a e 3 peóns/peoas.

A Alcaldía, mediante o Decreto 2026-0167 do 22 de maio de 2026, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar para a campaña de verán a 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa-condutor/a e 3 peóns/peoas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, de 9.00 a 13.30 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan ao dispor do público no Concello e na páxina https://concellodemanzaneda.sedelectronica.gal/info.1

Manzaneda, 26 de maio de 2026. O alcalde.

Asdo.: Pedro Yáñez Salgado.

R. 1.201