IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

Bases e convocatoria para a selección dun/unha auxiliar administrativo/a por concurso oposición

Bases e convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a por concurso oposición

Unha vez aprobadas por Decreto da Alcaldía do 14 de maio de 2026, as bases e a convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a por concurso-oposición para cubrir a praza vacante neste concello, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

As citadas bases atópanse publicadas na sede electrónica deste concello (https://www.chandrexadequeixa.es) e no taboleiro de anuncios. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (https://www.chandrexadequeixa.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optara por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Chandrexa de Queixa, 19 de maio de 2026. O alcalde.

Asdo.: Francisco Rodríguez Rodríguez.

R. 1.160