IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE PADRENDA

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles

Expediente n.º 603/2024

Asunto: modificación da Ordenanza fiscal

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal n.º 6

O Pleno do Concello de Padrenda, en sesión do 03/10/2024, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles.

Unha vez realizada a exposición pública mediante a inserción do edicto no BOP n.º 195, do 08/10/2024, esta verificouse entre os días 09/10 e 20/11/2024, sen que nese período se presentasen alegacións, motivo polo cal, e, de conformidade co acordado polo Concello Pleno, enténdese como elevados a definitivos os acordos entón adoptados e, polo tanto, o propio texto da Ordenanza fiscal.

É por todo iso que, en cumprimento do disposto no artigo 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, insírese tanto o texto dos acordos adoptados entón como o propio texto da Ordenanza fiscal, xustificando que é a copia fiel do reflectido no texto das actas e do expediente.

Contra esta ordenanza, de conformidade co que recolle o artigo 19 do RDL 2/2004, unicamente se pode interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo dos dous meses seguintes á data da inserción do presente edicto no Boletín Oficial. Igualmente, poderá empregarse calquera outro recurso que os/as interesados/as entendan oportuno en defensa do seu dereito.

“5.º Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía con relación á modificación da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles.

O secretario le a proposta da Alcaldía do seguinte tenor literal: «Unha vez visto o estado xeral do expediente 603/2024, instruído a fin de modificar a Ordenanza fiscal número 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais, a fin de incorporar as bonificacións á actividade económica que leven a cabo empresas e particulares que supoñan a creación de emprego no municipio, de conformidade co que recolle a Lei 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o que, conxuntamente con outras modificacións e acordos plenarios, permitirán que poida valorarse a solicitude de que o Concello de Padrenda poida ser considerado como “concello emprendedor”.

Unha vez visto o texto da Ordenanza fiscal -que se une como anexo á presente proposta-, e os informes de Secretaría e Intervención, é polo que se somete á consideración do Pleno municipal a adopción dos seguintes acordos:

1.º Aprobar provisionalmente á modificación da Ordenanza fiscal número 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais, co texto que figura como anexo á presente proposta.

2.º Anunciar esta aprobación mediante a inserción de edicto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, a fin de que, nos trinta días seguintes ao da súa publicación, os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que estimen oportunas.

Estas alegacións, de se produciren, previos os informes de Secretaría e Intervención, e, no seu caso, o ditame da Comisión Informativa correspondente, serán resoltas por este Pleno municipal no prazo dun mes, que contará a partir do último día en que poidan presentarse estas alegacións. A súa non resolución en prazo -con independencia da súa obrigada resolución-, suporá que poderán ser consideradas como rexeitadas.

3.º No suposto de non presentarse alegacións en prazo ou de que as presentadas sexan rexeitadas de forma expresa ou presunta, sen necesidade de acto expreso algún, entenderase que a primeira aprobación elevouse a definitiva.

4.º Unha vez alcanzada esta aprobación definitiva, inserirase o edicto anunciador desta no Boletín Oficial da Provincia de Ourense incluíndo o texto íntegro da Ordenanza fiscal, o que comportará a derrogación automática de forma íntegra do texto da Ordenanza aprobado polo Pleno deste concello o 27/09/2019 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 284, do 12/12/2019.

ANEXO

Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais

Artigo 1. Fundamento legal

Esta entidade local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e de acordo con o disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 59 e os artigos 60 a 77 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece a regulación do imposto sobre bens inmobles, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao que recollen os artigos 60 e seguintes do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no Real decreto lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.

A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal.

Artigo 2. Feito impoñible

O feito impoñible do imposto sobre bens inmobles está constituído pola titularidade sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os bens inmobles de características especiais, dos seguintes dereitos:

a) De concesión administrativa sobre un ben inmoble ou sobre os servizos públicos a que se achen afectos.

b) Dun dereito real de superficie.

c) Dun dereito real de usufruto.

d) Do dereito de propiedade.

A realización dun dos feitos impoñibles descritos no parágrafo anterior, pola orde establecida, determinará a non suxeición do inmoble ás seguintes modalidades previstas.

Terán a consideración de bens inmobles rústicos, bens inmobles urbanos e bens inmobles de características especiais os definidos como tales nas normas reguladoras do Catastro inmobiliario.

Artigo 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos, a título de contribuíntes, as persoas naturais e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que ostenten a titularidade do dereito que, en cada caso, sexa constitutivo do feito impoñible deste imposto.

O disposto no parágrafo anterior será de aplicación sen prexuízo da facultade do suxeito pasivo de repercutir a carga tributaria soportada conforme ás normas de dereito común. O Concello repercutirá a totalidade da cota líquida do imposto en quen, ao non reunir a condición de suxeitos pasivos, fagan uso mediante contraprestación dos seus bens demaniais ou patrimoniais.

No suposto de concorrencia de varios concesionarios sobre un mesmo inmoble de características especiais, será substituto do contribuínte o que deba satisfacer o maior canon.

O substituto do contribuínte poderá repercutir sobre os demais concesionarios a parte da cota líquida que lles corresponda en proporción aos canons que deban satisfacer cada un deles.

Artigo 4. Responsables

Nos supostos de cambio, por calquera causa, na titularidade dos dereitos que constitúen o feito impoñible, os bens inmobles obxecto dos devanditos dereitos quedarán afectos ao pago da totalidade da cota tributaria, en réxime de responsabilidade subsidiaria, nos termos que recolle a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Para estes efectos, os/as notarios/as solicitarán información e advertiranlle aos comparecentes sobre as débedas pendentes polo imposto sobre bens inmobles asociadas ao inmoble que se transmite.

Responden solidariamente da cota deste imposto, e en proporción ás súas respectivas participacións, os copartícipes ou cotitulares das entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, se figuran rexistrados como tales no Catastro inmobiliario. De non figurar rexistrados, a responsabilidade esixirase por partes iguais en todo caso.

Artigo 5. Supostos de non suxeición

Os supostos de non suxeición a este imposto son os que recolle o artigo 61. 5 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais ou, no seu caso, a lexislación que substitúa, complemente ou modifique a anteriormente sinalada e que se refira ou sexa de aplicación para este suposto.

Artigo 6. Exencións

6.1. Estarán exentos do imposto de forma automática, de conformidade co artigo 62.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, os bens inmobles enumerados nesa disposición legal.

6.2. Previa solicitude do/a interesado/a, estarán exentos:

a) Os bens inmobles que se destinen ao ensino por centros docentes acollidos, total ou parcialmente, ao réxime de concerto educativo, en canto á superficie afectada ao ensino concertado.

Esta exención deberá ser compensada pola Administración competente.

b) Os declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interese cultural, mediante un real decreto na forma establecida polo artigo 9 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e rexistrados no Rexistro Xeral a que se refire o seu artigo 12 como integrantes do patrimonio histórico español, así como os comprendidos nas disposicións adicionais primeira, segunda e quinta da devandita lei.

Esta exención alcanzará aos bens urbanos situados dentro do perímetro delimitativo das zonas arqueolóxicas e sitios e conxuntos históricos, globalmente integrados neles, que reúnan as seguintes condicións:

1. En zonas arqueolóxicas, os incluídos como obxecto de especial protección no instrumento de plan urbanístico a que se refire o artigo 20 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

2. En sitios ou conxuntos históricos, os que conten cunha antigüidade igual ou superior a cincuenta anos e estean incluídos no catálogo que recolle o Real Decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento do plan para o desenvolvemento e aplicación da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, como obxecto de protección integral nos termos que recolle o artigo 21 da Lei 16/1985, do 25 de xuño.

c) A superficie dos montes en que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arborizadas suxeitas a proxectos de ordenación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal. Esta exención terá unha duración de quince anos, que contarán a partir do período impositivo seguinte a aquel en que se realice a súa solicitude.

Establécese unha exención do imposto, a favor dos bens dos que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que os mesmos estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos dos devanditos centros.

A concesión da exención requirirá a previa solicitude do/a interesado/a na que se relacionen, con indicación da súa referencia catastral, os bens para os que se solicita a exención e xustifíquese a titularidade do mesmo polo centro sanitario, e a súa afección directa aos fins sanitarios dos devanditos centros.

6.3. Gozarán así mesmo de exención, ao abeiro do que recolle o artigo 62. 4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, os inmobles rústicos e urbanos nos que a súa cota líquida non supere os tres euros con cero (3,00.- €) céntimos.

Para estes efectos, tomarase en consideración a cota agrupada que resulte de reunir nun só documento de cobranza todas as cotas deste imposto relativas a un mesmo suxeito pasivo cando se trate de bens rústicos sitos nun mesmo concello, de acordo co disposto no artigo 77.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Artigo 7. Bonificacións

7.1. Establécense as bonificacións recollidas no artigo 73 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais ou, no seu caso, na disposición legal que, no seu momento, veña a modificar ou substituír esta.

7.2. En canto á bonificación recollida no apartado 1 do artigo 73 antes citado, establécese nun 50% na cota íntegra, previa petición do/a interesado/a antes do inicio das obras e para os supostos determinados nesa disposición legal.

7.3. As bonificacións recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 73 antes citado serán de aplicación a pedimento do/a interesado/a na forma prevista nesas disposicións.

En canto fai referencia ao suposto apuntado no parágrafo 2.º do artigo 73. 2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, neste concello non se ampliará o prazo da bonificación prevista legalmente.

7.4. Establécense as seguintes bonificacións potestativas recollidas no art. 74.2. quáter do Real decreto lexislativo 2/2004, sobre a cota íntegra do imposto previa declaración polo Pleno de que o inmoble urbano no que se desenvolvan actividades económicas e obxecto de tributación é de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración:

a) Unha bonificación do 85% en favor das actividades que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de máis de vinte postos de traballo no municipio de Padrenda.

b) Unha bonificación do 80% en favor das actividades que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de entre once e vinte postos de traballo no municipio de Padrenda.

c) Unha bonificación do 50% en favor das actividades que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de ata dez postos de traballo no municipio de Padrenda.

7.5. As bonificacións recollidas no artigo 7.4. desta ordenanza, suporán o mantemento do número mínimo de postos de traballo creados que determinaron a mesma durante un período non inferior a tres anos a contar desde o inicio da actividade empresarial ou, se se trata de ampliación, desde o outorgamento da licenza correspondente ou desde que se poida entender outorgado o permiso correspondente se se tramitou polo réxime de comunicación previa.

7.6. As bonificacións referidas no artigo 7.4. desta ordenanza manteranse para os tres exercicios completos seguintes a aquel en que teña lugar o feito impoñible, en tanto se manteñan as circunstancias que xeraron a exención. No caso de que variasen as circunstancias, a bonificación manteríase na porcentaxe correspondente.

7.7. Para poder gozar das bonificacións referidas no artigo 7.4. desta ordenanza, requírese que a actividade económica sexa de nova implantación ou, polo menos, ampliación dunha actividade xa existente, comportando, en todo caso, unha creación de postos de traballo efectiva. Para estes efectos, non poderá considerarse tal creación de postos de traballo ao resultado de procesos de asunción de traballadores por causa de fusión, absorción ou calquera outro procedemento previsto legalmente.

7.8. As bonificacións referidas neste artigo deberán ser solicitadas de forma expresa polos/as interesados/as, achegando memoria que xustifique o cumprimento da causa pola que sería acredor da bonificación. Esta bonificación será acordada polo Pleno municipal -por maioría simple- ao declarar a actividade como “de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego”.

7.9. As bonificacións aquí referidas serán incompatibles entre si, polo que os/as solicitantes deberán determinar con exactitude aquela a que optan.

Artigo 8. Base impoñible

A base impoñible está constituída polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación conforme ao disposto nas normas reguladoras do Catastro inmobiliario.

Artigo 9. Base liquidable

A base liquidable será o resultado de practicar na base impoñible as reducións legais que, no seu caso, sexan de aplicación.

Artigo 10. Cota tributaria

A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravame.

A cota líquida obterase minorando a cota íntegra no importe das bonificacións recollidas na presente ordenanza.

Artigo 11. Tipo de gravame

11.1. Os tipos de gravame aplicables aos bens inmobles de natureza urbana serán do 0’58%.

11.2. Os tipos de gravame aplicables aos bens inmobles de natureza rústica serán do 0’3%.

11.3. Os tipos de gravame aplicables aos bens inmobles de características especiais serán do 1’30%.

Artigo 12. Período impositivo e pagamento do imposto

O período impositivo é o ano natural, e devindicarase o imposto o primeiro día do período impositivo.

As declaracións ou modificacións que deban facerse ao rexistro terán efectividade no pagamento do imposto inmediatamente posterior ao momento en que se produzan efectos catastrais.

Artigo 13. Xestión

13.1. A liquidación, recadación, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria deste imposto, serán competencia exclusiva deste concello, e realizaranse conforme ao disposto nos artigos 76 e 77 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e iso salvo delegación en forma no organismo competente, e comprenderá as funcións de recoñecemento e denegación de exencións e bonificacións, realización das liquidacións conducentes á determinación das débedas tributarias, emisión dos documentos de cobranza, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos, resolución dos recursos que se interpoñan contra os devanditos actos e actuacións para a existencia e información ao contribuínte.

13.2. A xestión catastral é competencia exclusiva da Administración catastral do Estado na forma que recollen as disposicións legais.

13.3. De conformidade coa prerrogativa outorgada polo apartado 2.º do artigo 77 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, os recibos correspondentes a un mesmo suxeito pasivo polo imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, agruparanse nun único documento de cobranza, sempre que iso sexa posible, cando se refiran a bens que radiquen nun mesmo concello.

Artigo 14. Cuestións non recollidas nesta ordenanza

En canto non contradiga ou non estea recollido na presente ordenanza, estarase ás normas contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, Lei xeral tributaria e outras disposicións legais de aplicación en relación ao catastro inmobiliario.

Disposición derrogatoria

A publicación íntegra da presente modificación da Ordenanza fiscal suporá a derrogación automática e íntegra da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora do imposto sobre bens inmobles urbanos, rústicos e de características especiais aprobada polo Pleno municipal desta corporación en sesión do 27 de setembro de 2019, e publicada no BOP n.º 284, do 12 de decembro de 2019.

Disposición derradeira única

A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno deste concello en sesión do 3 de outubro de 2024, entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación desde ese momento, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Unha vez rematada a lectura e, ao non chegar a promoverse debate, someteuse a votación ordinaria a proposta da Alcaldía, da que resultou a súa aprobación por unanimidade dos/as asistentes”.

Padrenda, 21 de novembro de 2024. O alcalde.

Asdo.: Manuel Pérez Pereira.

R. 3.428