IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE PADRENDA

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras

Expediente n.º 601/2024

Asunto: modificación da Ordenanza fiscal

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal n.º 1

O Pleno do Concello de Padrenda, en sesión do 03/10/2024, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal n.º 1 reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Unha vez realizada a exposición pública mediante inserción de edicto no BOP n.º 194, do 07/10/2024, a mesma verificouse entre os días 08/10 e 19/11/2024, sen que nese período se presentasen alegacións, motivo polo cal, e, de conformidade co acordado polo Concello Pleno, enténdese como elevados a definitivos os acordos entón adoptados e, polo tanto, o propio texto da Ordenanza fiscal.

É por todo iso que, en cumprimento do disposto no artigo 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, insírese tanto o texto dos acordos adoptados entón como o propio texto da Ordenanza fiscal, xustificando que é copia fiel do reflectido no texto das actas e do expediente.

Contra esta Ordenanza, de conformidade co previsto no artigo 19 do RDL 2/2004, unicamente pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo dos dous meses seguintes á data da inserción do presente edicto no Boletín Oficial. Igualmente, poderá empregarse calquera outro recurso que os/as interesados/as entendan oportuno en defensa do seu dereito.

“3.º Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía con relación á modificación da Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

O secretario, le a proposta da Alcaldía do seguinte teor literal: «Unha vez visto o estado xeral do expediente 601/2024 instruído co fin de proceder á modificación da Ordenanza fiscal número 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, co fin de regularizar o texto que sufriu as incorporacións das institucións das ‘comunicacións previas’ e as ‘declaracións responsables’ como formas válidas de manifestar polos particulares a súa vontade de levar a cabo actos construtivos.

Por canto esta modificación supón, á vez que o anterior, a incorporación das bonificacións aos actos construtivos que leven a cabo empresas e particulares que supoñan a creación de emprego no municipio, de conformidade co previsto na Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o que, conxuntamente con outras modificacións e acordos plenarios, permitirán que poida valorarse a solicitude de que o Concello de Padrenda poida ser considerado como “concello emprendedor”.

Unha vez visto o texto da Ordenanza fiscal -que se une como anexo á presente Proposta, e os informes da Secretaría e Intervención, é polo que se somete á consideración do Pleno municipal a adopción dos seguintes acordos:

1.º Outorgar aprobación provisional á modificación da Ordenanza fiscal número 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, co texto que figura como anexo á presente Proposta.

2.º Anunciar esta aprobación mediante inserción de edicto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, co fin de que, nos trinta días seguintes ao da súa publicación, os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que estimen oportunas.

Estas alegacións, de se producir, previos informes de Secretaría e Intervención, e, no seu caso, ditame da comisión informativa correspondente, serán resoltas por este Pleno municipal no prazo do mes, que contará a partir do último día en que poidan presentarse estas alegacións. A non resolución das mesmas en prazo -con independencia da súa obrigada resolución-, suporá que poderán ser consideradas como rexeitadas.

3.º No suposto de non presentación de alegacións en prazo ou de que as presentadas sexan rexeitadas de forma expresa ou presunta, sen necesidade de acto expreso algún, entenderase que a primeira aprobación elevouse a definitiva.

4.º Unha vez alcanzada esta aprobación definitiva, inserirase edicto anunciador da mesma no Boletín Oficial da Provincia de Ourense incluíndo o texto íntegro da ordenanza fiscal, o que comportará a derrogación automática de forma íntegra do texto da ordenanza aprobado polo Pleno deste concello o 28/02/2014 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 296, do 26/12/2015.

ANEXO

Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Artigo 1. Fundamento legal

Esta entidade local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 15.1 en concordancia co artigo 59.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece o imposto sobre construcións, instalacións e obras, que se rexerá por medio de Ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 100 a 103 do citado texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal.

Artigo 2. Natureza xurídica e feito impoñible

O imposto sobre construcións, instalacións e obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non a dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a súa expedición lle corresponda a este Concello.

Artigo 3. Construcións, instalacións e obras suxeitas.

3.1. Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao Imposto todas aquelas cuxa execución implique a realización do feito impoñible definido no artigo anterior.

3.2. Serán obxecto de licenza municipal e, por iso, será precisa a autorización con carácter previo ao comezo da actuación pretendida, os seguintes actos:

a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, conforme á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.

b) As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polos seus singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

c) As demolicións, salvo as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.

d) Os muros de contención de terras.

e) Os grandes movementos de terras e as explanacións.

f) As parcelacións, segregacións ou outros actos de división de leiras en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelamento urbanístico.

g) A primeira ocupación dos edificios.

h) A localización de casas prefabricadas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

i) A tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a dita tala se derive da lexislación de protección do dominio público.

j) Os actos que afecten, modifiquen ou se refiran a bens de dominio público.

3.3. As restantes actuacións, quedarán suxeitas ao réxime de comunicación previa previsto no art. 142.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o art. 360 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, restante normativa concordante con estas e, no seu caso, aquela que veña a substituír as mencionadas.

3.4. Cando se trate de actos suxeitos ao procedemento de comunicación previa, a persoa interesada lle comunicará ao concello a súa intención de levar a cabo os mesmos cunha antelación mínima de quince días hábiles. Esta comunicación deberá acompañarse de:

a) Descrición das características do acto que se vai levar a cabo, incluíndo plano asinado e referencia catastral.

b) Manifestación expresa de que a comunicación previa presentada cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.

c) Xustificante do pago dos tributos municipais.

d) No seu caso, proxecto técnico e declaración do facultativo que autorice o proxecto de que cumpre coa normativa urbanística de aplicación.

e) Copia das autorizacións doutros organismos e, no seu caso, das concesións administrativas, ou acreditación de solicitarse o seu outorgamento.

f) Documento de avaliación ambiental, se se require.

g) Copia da autorización ou ditame ambiental.

h) Orzamento pormenorizado da actuación para realizar.

3.5. Recibida a comunicación previa, o concello disporá dun prazo de quince días hábiles para declarar completa a documentación ou, no seu caso, requirir a corrección das deficiencias que se detecten. Unha vez vencido este prazo sen que exista ese requirimento, a presentación da comunicación previa será o título que habilite para o inicio das obras pretendidas.

3.6. En todo caso, o concello deberá ditar a orde resolutoria que proceda, a cal producirá os efectos propios da licenza urbanística.

3.7. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato, poderá dar lugar á declaración de ineficacia da comunicación efectuada.

3.8. Transcorridos os quince días desde a presentación no rexistro da comunicación previa, e, sempre que non se requira corrección de deficiencias, dará inicio ao prazo da administración para verificar a execución da actuación urbanística comunicada. Este prazo alcanzará ata os tres meses posteriores á comunicación pola parte da finalización das obras.

Artigo 4. Exencións

Estará exenta a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou a Entidade Local que, estando suxeita, vai ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.

Artigo 5. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice a construción, instalación ou obra.

Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

Artigo 6. Base impoñible

A base impoñible deste Imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendéndose por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Quedan excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos, prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro concepto que non integre estritamente, o custo de execución material.

Artigo 7. Cota tributaria

A cota do Imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame que se fixa no 2,50%.

Artigo 8. Bonificacións

1. Establécense as seguintes bonificacións sobre a base impoñible:

a) Unha bonificación do 10% a favor das construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

b) Unha bonificación do 5% a favor de construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

c) Unha bonificación do 5% a favor de construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

d) Unha bonificación do 85% a favor de construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno municipal -mediante acordo adoptado por maioría simple dos asistentes- que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de máis de vinte postos de traballo no municipio de Padrenda.

e) Unha bonificación do 80% a favor de construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno municipal -mediante acordo adoptado por maioría simple dos asistentes- que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de entre once e vinte postos de traballo no municipio de Padrenda.

f) Unha bonificación do 50% a favor de construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno municipal -mediante acordo adoptado por maioría simple dos asistentes- que, ben pola súa instalación, ben pola súa ampliación, supoñan a creación de ata dez postos de traballo no municipio de Padrenda.

2. Estas bonificacións non serán acumulables entre si.

3. As bonificacións aplicaranse a pedimento do interesado, debendo este anexar á súa petición toda aquela documentación que considere que o faga acredor do beneficio.

No caso das bonificacións previstas nos apartados d) a f) anteriores, esta documentación conterá, ademais da que se estime pertinente pola parte, unha memoria xustificativa que acredite as bases sobre as que se expresa a creación de emprego prevista, así como unha declaración xurada comprometéndose ao mantemento dos postos de traballo na forma indicada no apartado 5 deste artigo e no artigo 11.5 desta ordenanza.

4. As bonificacións aplicaranse determinando, no seu caso, separadamente, o custo de obra, construción ou instalación que se ve afectado pola mesma, en partida independente do resto do custo da obra, construción ou instalación.

5. As bonificacións previstas nos apartados d) a f) deste artigo supoñerán o mantemento do número mínimo de postos de traballo creados que determinaron a mesma durante un período non inferior a dous anos, que contarán desde o inicio da actividade empresarial ou, se se trata de ampliación, desde o outorgamento da licenza urbanística ou desde que se poida entender outorgado o permiso correspondente se se tramitou polo réxime de comunicación previa.

Artigo 9. Deducións

O pago da taxa por expedición de documentos urbanísticos por emisión de informe en relación a posibilidades urbanísticas da construción, obra ou instalación pretendida, deducirase da cota sen que a operación aritmética poida xerar un dereito á devolución de importes.

Esta dedución levarase a cabo a petición do interesado, e sempre que se cumpran as seguintes premisas:

a) A construción, obra ou instalación pretendida haberá de ser perfectamente identificable con aquela para a que se solicita información urbanística.

b) Non poderán mediar máis de dous anos entre a obtención da información urbanística e a solicitude da licenza municipal.

c) A construción, obra ou instalación suxeita ao Imposto deberá respectar na súa plena integridade o texto e o espírito do informe urbanístico obtido.

Artigo 10. Pagamento

O imposto devindícase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se teña obtido a correspondente licenza.

Artigo 11. Xestión

11.1. Cando se solicite a preceptiva licenza así como cando se presente a comunicación previa, practicarase unha liquidación provisional tomando como base impoñible os datos achegados pola persoa interesada ou, no seu caso, o determinado polos técnicos municipais. O modelo de liquidación provisional é o que figura como “anexo 1” á presente ordenanza.

11.2. De igual modo se procederá cando se produzan actuacións urbanísticas cuxo permiso non fose solicitado ou non se promovese a comunicación previa e sexan legais.

11.3. Unha vez finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará a base impoñible anterior practicando a correspondente liquidación definitiva, esixindo ou reintegrándolle ao suxeito a cantidade que corresponda. O modelo de liquidación definitiva é o que figura como “anexo 2” á presente ordenanza.

11.4. Para os efectos da bonificación que recollen os apartados d), e) e f) do artigo 8.1 desta ordenanza fiscal, e, dado que para que se poida acceder ás mesmas é imprescindible acordo do Pleno municipal, realizarase unha liquidación ordinaria, sen aplicación de bonificación, e, unha vez acordada a “declaración de especial interese ou utilidade municipal” procederase á aplicación da bonificación e á devolución dos importes correspondentes.

11.5. Igualmente, para os efectos das previsións contidas nos apartados d), e) e f) do artigo 8.1 desta ordenanza, o beneficiario da mesma deberá acreditar -entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de cada un dos exercicios previstos- mediante copias de contratos e certificados de vida laboral o cumprimento dos requisitos que fundamentaron o outorgamento da minoración no imposto.

11.6. O incumprimento das previsións baixo as que, no seu caso, se acordaron bonificacións, determinará a práctica dunha liquidación complementaria que axuste os termos reais do imposto a liquidar.

Artigo 12. Comprobación e investigación

A Administración Municipal poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada.

Artigo 13. Réxime de infraccións e sancións

Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente Ordenanza, de acordo co previsto no artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do Imposto, polas leis de orzamentos xerais do estado ou por calquera outras leis ou disposicións, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal comportando a necesaria publicación da Ordenanza modificada no Boletín Oficial da Provincia.

Disposición derrogatoria

A publicación íntegra da presente modificación da Ordenanza fiscal supoñerá a derrogación automática e íntegra da Ordenanza fiscal n.º 1, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras aprobada polo Pleno municipal desta Corporación en sesión de data 28 de febreiro de 2014 e publicada no BOP n.º 296, do 26 de decembro de 2015.

Disposición final única

A presente Ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno deste Concello na sesión celebrada o 3 de outubro de 2024, entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación desde ese momento, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa [seguen modelos de liquidación provisional e definitiva que constan no Portal de Transparencia]”».

Una vez rematada a lectura e, ao non se promover debate ao respecto, someteuse a votación ordinaria a proposta da Alcaldía da que resultou a súa aprobación por unanimidade dos/as asistentes”.

Padrenda, 21 de novembro de 2024. O alcalde.

Asdo.: Manuel Pérez Pereira.

R. 3.426